- Infantil (menores de 6 anos):
"Imos cazar un oso", versión de Michael Rosen; ilustracións de Helen Oxenbury, en Kalandraka.
Baseado nunha coñecida canción infantil inglesa, propia de actividades ao aire libre. Texto perfecto para ler en voz alta en versión dun dos mellores autores ingleses de poesía infantil con ilustracións humorísticas e de gran frescura.

- Mozas-os e adultas-os:
"La España vacía: viaje por un país que nunca fue" de Sergio del Molino. Editado por Turner.
O contacto entre a España urbana e a interior case sen poboación foi e segue a ser difícil, parecendo en ocasións países distintos. Desde o escrito por Cervantes, Azorín e Juan Marsé ou filmado por Buñuel e Almodóvar, este ensaio supón unha reflexión clara, honesta e imaxinativa sobre unha realidade de plena actualidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario