18/4/18

Día do Libro 2018, participa nas actividades de Bibloleiros!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27925.pdfPara conmemorar o Día Mundial do Libro, a Deputación da Coruña organiza unha campaña titulada Libros para sermos libres na que se van repartir 200 libros que doa a Deputación aos que se van sumar outros 200 que poñen as Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros. En total regalaranse sobre 400 libros.
 
No Concello de Oleiros dentro da Campaña da Deputación da Coruña Libros para sermos libres repartiranse libros en:
Día 20, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado, en Mera.
Día 23, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso, en Dorneda.
Día 24 e 25, ás 17:30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.
Día 25, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz.
 
https://www.dacoruna.gal/novas?id_evento=2648Para o reparto poñeremos unha mesa en cada unha desas bibliotecas e cada unha das persoas que veñan eses días a algunha das bibliotecas poderán levar algún libro de regalo.
Ademais desa actividade e tamén cos obxectivos de conmemorar o Día Mundial do Libro e
potenciar o hábito lector, as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organizan outras actividades de promoción da lectura como espazos de ocio e aprendizaxe dirixidos a toda a poboación, programando actividades que abarcan as diferentes idades e distintos formatos como: contacontos, espectáculos teatrais, narracións dramatizadas, charla de divulgación científica, talleres e tertulias literarias, obradoiros de banda deseñada, obradoiros de poesía e exposicións de libros e mostras bibliográficas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario