16/2/18

Recomendacións en Radioleiros: 16 febreiro 2018

https://youtu.be/yKMiMdHujTQ
- Infantil-Xuvenil (de 8 a 10 anos):https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1245647
Muriel, de María Canosa
Xerais

Muriel narra a historia dun neno que bota de menos á súa avoa. Con ela facía cantidade de cousas que daban sentido á vida do rapaz pero un día deixou de estar con eles. Daquela, Muriel sentiuse como un náufrago… canto botaba de menos á avoa!!… con ela todo era sinxelo e todo era posible. Pero un día aparecen na súa vida uns personaxes máxicos que lle devolven a felicidade e as gañas de soñar.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1205394El hermano del famoso Jack, de Barbara Trapido
Libros del Asteroide

Katherine, unha xoven británica que nos anos 70 comeza os estudos de Filosofía e Letras, acude a unha reunión co seu profesor de filosofía, Jacob Goldman ao que lle sorprendeu á singular interpretación que a rapaza fixera da lectura de "Emma" de Jane Austen. Neste encontro, a fascinación é mutua, xa que Katherine ve no profesor un referente masculino, un erudito de modais embrutecidos, un home que vive na campiña inglesa coa súa peculiar familia e coa que Katherine, por razóns fortuitas, empezará a relacionarse. 

Trapido constrúe unha historia fresca, con diálogos francamente inxeniosos e áxiles. Mantén ese equilibrio tan difícil entre dor e humor, gracias un humor dirixido á intelixencia do lector.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario