- Xuvenil (máis de 12 anos):
22 segundos, de Eva Mejuto
Xerais
Alex cóntanos diante da cámara web do seu ordenador como percorreu o camino para chegar a ser quen é acompañado e guiado pola súa familia e os seus amigos. Vinte dous segundos e... o arquivo está xa na rede.
Proposta pioneira na literatura xuvenil galega para falar da transexualidade e da necesidade de visibilizar esta elección como unha tan válida e socialmente aceptada coma calquera outra.
- Mozos/as e adultos/as:
Nosotros en la noche, de Kent Haruf
Mondadori Random House
Un día Addie preséntase na casa do seu veciño Louis Waters para proporlle pasar as noites xuntos, sen importarlle o máis mínimo o que dirán. Un xeito de desprenderse dese terrible peso que é a soidade da vellez nas noites que a soidade fai longas. Asistiremos as súas emotivas conversacións que serán o paso previo para coñecerse e converterse en inseparables.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario