Quebracabezas, de Bianki
Kalandraka
Unha vez máis, Kalandraka edita un libro cargado de mensaxes: as igualdades, o respeto polas diferenzas e a importancia da reciclaxe, todo elo para poder vivir nun mundo mellor, no que ao final todo encaixa como nun quebracabezas. O libro empeza marcando as diferenzas para pouco a pouco ir salientando as igualdades… para sentenciar: “todos nós estamos feitos de po de estrelas”, ata chegar a un enorme despregable que nos invita a achegarnos entre todos. Ao final do libro, o autor proponnos un xogo que ten moito que ver coa mensaxe transmitida.
- Mozos/as e adultos/as:
Charlotte, de David Foenkinos
Alfaguara
Foenkinos descubre nunha exposición en Berlín a Charlotte Salomon, unha semiesquecida pintora xudía que foi exterminada en Auschwitz aos 26 anos. Decide contar a súa vida, unha vida que xa empeza marcada pola traxedia, polo suicidio da súa nai sendo ela unha nena. Unha relación amorosa que deixará unha fonda pegada. A fuxida desde Berlín cara a Francia escapando dos nazis. Cando xa empeza a ser consciente do seu destino, pinta a súa autobiografía nunha obra titulada Vida ou Teatro que entrega ao seu médico, a única persoa na que pode confiar.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario