28/4/17

Conferencias sobre Carlos Casares: 2 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26029.pdf
Dentro do amplo programa que as Bibliotecas Municipais de Oleiros dedicarán ao Día das Letras Galegas, que este ano ten como protagonista ao insigne escritor Carlos Casares, un dos grandes autores galegos do século XX, e para conseguir os obxectivos de achegar a súa figura, dar a coñecer as súas obras máis destacadas, as súas características máis significativas e promover a lectura dos seus libros, estanse a levar a cabo en todas as bibliotecas municipais diversas actividades.

O día 2 de maio no Teatro As Torres de Santa Cruz realizaranse dúas conferencias sobre Carlos Casares (unha ás 10:30 h. e a outra ás 11:40 h.) a cargo do escritor, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e secretario da Real Academia Galega Henrique Monteagudo. Están organizadas polas Bibliotecas Municipais de Oleiros en colaboración coa editorial Galaxia e diríxense a alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato dos institutos deste concello.
Henrique Monteagudo, ademais de amigo persoal de Casares, traballou con el no Consello da Cultura Galega e é autor do libro “Carlos Casares un contador de historias: vida e obra” publicado pola editorial Galaxia no que ofrece, a modo divulgativo, unha aproximación á vida e obra de Casares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario