26/5/17

Roteiro cultural e literario 2017: 30 e 31 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26337.pdf
Unha vez máis levarase a cabo o Roteiro Cultural e Literario que este ano está dedicado ao pintor Manuel Abelenda, ao escritor Xosé Neira Vilas e á pintora María del Adalid. Unha actividade organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística, o IES Miraflores e o IESP Neira Vilas.
 
Terá lugar os días 30 e 31 de maio e participarán máis de 300 alumnas/os dos centros de ensino público deste concello, desde 6º de primaria ata 1º de bacharelato. A todos/as os/as participantes se lles repartirá un folleto realizado por alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores e de 3º de ESO do IESP Neira Vilas, baixo a coordinación das profesoras Rosa García Vilariño, Graciela Grande Veloso e Inma Otero Varela, da Biblioteca Central Rialeda e do Servizo de Normalización Lingüística, baixo un deseño do departamento de comunicación do Concello de Oleiros.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son dar a coñecer diferentes persoas ilustres que viviron no Concello de Oleiros, mellorar o coñecemento de patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros e promover a lectura.
 
Consistirá no percorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron estas persoas ilustres, como unha homenaxe a todas elas. Comezaremos en As Torres de San Cruz onde se proxectarán imaxes (acompañadas dunha breve explicación) de diversas obras do pintor Manuel Abelenda; trasladarémonos á rúa do Pombal en Perillo para coñecer a casa deste pintor; a continuación marcharemos para o Instituto Neira Vilas no que homenaxearemos ao escritor Xosé Neira Vilas; pararemos diante da Escola María del Adalid e finalizaremos no Pazo de Lóngora en Montrove, onde coñeceremos a casa da pintora María del Adalid.
En todos estes lugares será o propio alumnado o que irá presentado a cada un dos personaxes
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26337.pdf homenaxeados. Realizarán estas presentacións, polo Instituto Miraflores: Bruna Frazao, Paula Carracedo, Laura López, Samuel Ramil, Valeria García, María Eiroa, Carmen Vicedo e Cristina Álvarez. Polo Instituto Neira Vilas: Pablo Basante, Lucas Canle, Eduardo Giménez, Guillermo Huelin, Emilio Ríos, José Rodrigo Santos, Ignacio Valeiras e Marcos Vázquez. Tamén colaborarán Eugenia Bermúdez, Candela Pía e Orleni Meteo. Neste centro acabarase cunha actuación musical a cargo dos alumnos Lucía Sigüeiro, Xoan Carro e Jacobo Juanatey baixo a dirección do profesor de música Jesús Fernández Llaneza.

No Pazo de Lóngora finalizarase con outra actuación musical. O día 30, a cargo do músico Roi Casal, que formou parte de Milladoiro, e que publicou o disco titulado “Son galego, Son cubano”, un traballo realizado conxuntamente con Xosé Neira Vilas e con letras do propio escritor. O día 31 será a cantante de ópera, Victoria Álvarez, quen porá o toque final a estes recorridos. Esta soprano (que ademais vive no noso concello), coa súa magnifica voz, será quen clausurará a actividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario