26/5/17

Recomendacións en Radioleiros: 26 maio 2017

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=palabra+crocodilo+ivan+suarez&branch_group_limit=https://soundcloud.com/bibloleiros/26052017-recomendacions-en-radioleiros- Infantil (a partir de 6 anos):

Palabra de crocodilo Iván Suárez
OQO

Álbum ilustrado realizado a partir dun fermoso conto orixinal de Burkina Faso, con tons difusos, escuros e sombríos que reforzan a tensión da narración.

Había unha vez un crocodilo grande e vello que se afastara moito do río e que non era capaz de camiñar para chegar á auga. Cerca do río vivía Bamako, un neno que esa tarde se distanciara demasiado do poboado perseguindo un paxaro. O crocodilo, cando o viu, pediulle que o achegara, pero el díxolle que non lle axudaba porque o comería. Como o crocodilo choraba, Bamako sentiu pena e preguntoulle: "se te levo, ti despois axudarasme a cruzar o río?" "Fareino! Palabra de crocodilo". Bamako cargou co crocodilo e non parou ata chegar ao río...

Segundo vaiamos lendo veremos que van intervir outros animais. Na tradición oral africana hai moitas historias que falan da relación do home coa natureza e nelas os animais adquiren un carácter simbólico para mostrarnos a súa relación co home.

Este libro fálanos da importancia da credibilidade, de cumprir os compromisos pactados, de se somos dignos de confianza ou non, de que confíen na nosa palabra, e sobre todo da necesidade do respecto aos animais e á natureza.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1212631La noche de la Usina Eduardo Sacheri
Alfaguara

Premio Alfaguara de Novela 2016

Narra a historia de oito veciños estafados por un empresario (de acordo co director dun banco) dunha pequena vila arxentina chamada O’Connor, xusto un día antes de que comece o “corralito bancario” e a crisis económica de Arxentina de finais de 2001.

Estas persoas xuntaron os seus aforros coa intención de montar unha cooperativa, pero, a inmobilización dos depósitos déixaos totalmente sen recursos e a algúns en moi mala situación económica. A cooperativa tiña como obxectivos construír uns silos para a produción agraria da zona, proporcionarlle traballo a algunha poboación e darlle algo de vida á localidade que estaba en decadencia total. Coa incautación xeral dos aforros quedan sen cartos para continuar, polo que queren recuperar o perdido...


O autor, cun delicioso humor negro, preséntanos uns personaxes moi distintos pero todos entrañables, perdedores desta crise, que van loitar con rabia contra o que é inxusto.

Unha obra con moito humor e un trasfondo crítico e de suspense que fai pasar momentos moi divertidos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario