18/4/17

Mosaico "Os libros de Nós viaxan contigo" para celebrar o mes do libro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2017/03/dia-do-libro-infantil-e-xuvenil-nas.html
Durante o mes de abril, co gallo do día do libro e do día  internacional do libro infantil e xuvenil, a Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós quere amosar a súa cara máis amable cun mosaico fotográfico. Esta exposición reúne 30 fotos das-dos nosas-os lectoras-es facendo o que máis lles gusta, ler. 

Grazas a todas-os que nos achegaron as súas fotos para seren expostas na biblioteca e podan ser contempladas polas-os nosas-os visitantes. Sen dúbida, a actividade da lectura resulta moi "fotoxénica" e animamos a quen quera, a que nos faga chegar as súas instantáneas para próximas edicións da nosa iniciativa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario