21/4/17

Recomendacións en Radioleiros: 21 abril 2017

https://soundcloud.com/bibloleiros/21042017-recomendacions-en-radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1083597- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"La sirena y los gigantes enamorados" de Catarina Sobral. En SM.
Fermoso álbum ilustrado sobre unha lenda portuguesa que nos fala de dous xigantes, o mar e a montaña, que sempre foron veciños ben levados.  Pero un día chegou unha serea, ambos namoraron dela e se enfrontaron polo seu amor...
Unha excelente unión de lenda tradicional e ilustración creativa con coloridas formas xeométricas, páxinas enteiras de cores e pequenos debuxos que atrapan a mirada.
Estamos ante un delicioso libro, cunhas preciosas ilustracións.


- Mozas-os e adultas-os:
"La verdad sobre el caso Savolta" de Eduardo Mendoza. Editado por Seix Barral.
Debido a que ao autor Eduardo Mendoza lle acaban de entregar o galardón do Premio de Literatura Miguel de Cervantes, que é o premio máis importante en lingua española, desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros decidimos recomendar unha obra del e eliximos a súa primeira novela La verdad sobre el caso Savolta, publicada no 1975 despois de que fose censurada como Los soldados de Cataluña no 1973. No ano 2015 foi publicada unha nova edición que si leva este título.
Está ambientada en Barcelona durante as tensións revolucionarias dos anos 1917-1919 e presenta unha época complexa tanto no que acontece en Barcelona como polas consecuencias da I Guerra Mundial.
A empresa Savolta (que é unha fábrica de armas) xunto coa cidade de Barcelona son o escenario do relato de Javier Miranda, protagonista e narrador dos feitos. Javier Miranda é un mozo de Valladolid que, a principios do século XX, viaxa a Barcelona en busca de traballo, alí comeza no despacho do avogado Cortabanyes, onde coñece ao empresario francés Lepprince. Paralelamente, o industrial catalán Savolta, dono desa fábrica que vendeu
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=verdad+sobre+el+caso+Savolta&branch_group_limit=branch%3AOLE1 armas ás nacións en guerra, é asasinado...
A novela comeza coas declaracións que Javier Miranda realiza ante o xuíz Davidson en Nova York, dez anos despois dos feitos, e simultaneamente vainos presentando a través de flashbacks o que foi sucedendo en distintos momentos.
Esta obra situou a Eduardo Mendoza entre os mellores escritores actuais. A riqueza de matices nas descricións de ambientes e personaxes, unha trama complexa e a novidade de recursos narrativos empregados fai dela un clásico da literatura contemporánea.
Foi levada ao cine por Antonio Drove e no reparto contou con actores como José Luis López Vázquez.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario