Adivina Producciones quere celebrar os 20 anos da súa sede como produtora audiovisual en Oleiros coa entrega de 100 copias en DVD, con 10 das súas películas e documentais máis emblemáticos, que se poñerán a disposición dos veciños-as de Oleiros a través do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello.
O acto de presentación e entrega dos exemplares da colección terá lugar o mércores 9 de marzo, as 19:30h na Biblioteca Central Rialeda e contará coa presenza da produtora Susana Maceiras e do director Jorge Algora. Durante o mesmo proxectarase un vídeo cos adiantos da colección.
O acto de presentación e entrega dos exemplares da colección terá lugar o mércores 9 de marzo, as 19:30h na Biblioteca Central Rialeda e contará coa presenza da produtora Susana Maceiras e do director Jorge Algora. Durante o mesmo proxectarase un vídeo cos adiantos da colección.
Trátase das películas de ficción “O neno de barro” gañadora de 9 premios Mestre Mateo da Academia Galega, “Mentíndolle á vida” gañadora do Mestre Mateo á mellor película para televisión e “A pesar de todo… Quérote”, película rodada na súa maioría en Oleiros.
A entrega complétase cos documentais “Terra de náufragos”, que recolle as testemuñas dos protagonistas de diversos naufraxios nas costas galegas, “Emigrantes en terra de emigrantes” que monta un paralelismo entre os galegos que tiveron que emigrar nos anos 60, cos emigrantes que chegan a Galicia, “O reloxeiro” que afonda na vida de Evangelino Taboada, un mestre reloxeiro que sufriu a represión do franquismo, “A mirada de Anna” que conta a historia da Transición en Galicia a través das fotografías da reporteira Anna Turbau, “Trawnco, reunidos xunto á auga” que narra as experiencias dun grupo de arxentinos que tras a crise do “corralito” constrúen o seu refuxio no campo, “Unitarias. Historia dun mestre galego” que recolle os avatares dos mestres e alumnos das escolas do rural, e “Camiño de Santiago. A orixe”, unha visión histórica sobre os acontecementos de deron forma ao Camiño de Santiago.
Todas elas cun denominador común, foron creadas, producidas e postproducidas en Oleiros.
A intención de Adivina é que os veciños-as que se acheguen a colección poidan entreterse, descubrir lugares e personaxes vinculados co seu Concello, reflexionar sobre aspectos sociais e históricos que nos afectan a todos, e ter unha visión de conxunto sobre o seu traballo e a súa mirada sobre o mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario