- Xuvenil (de 10 anos en adiante):
Mago por correspondencia, de Joles Sennell e ilustrado por Xan López Domínguez
Xerais
Obra formada por sete imaxinativos relatos de fantasía e humor nos que se mesturan bruxas, fadas, deuses e, por suposto, tamén persoas.
Atoparémonos con contos como o dun compositor que recibe o encargo de crear un himno nacional, ou a explicación do que lle aconteceu aos habitantes da Atlántida. Poderemos ler as peripecias de Isquirión e tamén que Baldomero estudia por correspondencia o curso de bruxo de segunda, ou como un autor lle regalou a súa imaxinación a unha fada...
- Mozos/as e adultos/as:
El palacio azul de los ingenieros belgas, de Fulgencio Argüelles
Acantilado
Transcorre nunha pequena localidade de Asturias, entre o ano 1927 (en plena ditadura do xeneral Primo de Rivera) e os anos anteriores e posteriores á Revolución de Outubro de 1934, durante a II República. Está narrada en primeira persoa por Nalo, un mozo, que ao pouco de morrer seu pai, atopa traballo de xardineiro no palacio azul, lugar onde viven unha familia de belgas, donos das industrias e minas da zona.
Asistiremos ao que vai acontecendo nestes importantes sucesos da historia de España a través da mirada inxenua e ausente de rancor dun mozo que esperta á vida, ao mesmo tempo que narra a súa historia persoal e dos que o rodean.
Di o autor que pretendeu “reflexar a busca constante de coñecemento e perfección, a ansia pola transformación das cousas, o amor como a manifestación máis humana do coñecemento compartido, a convivencia e a confrontación de dous mundos coincidentes e diverxentes: ricos e pobres”.
Este título foi lido nas Tertulias Literarias da Biblioteca Rialeda e da Biblioteca de Santa Cruz, podes descargar aquí a documentación sobre a obra.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario