17/2/16

Bibloleiros súmase á campaña de sensibilización para a doazón de medula ósea

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-benestar-social-e-sanidade/sanidade/contidos?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_pos=1&p_p_col_count=3&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_assetId=2736007&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_urlTitle=o-concello-de-oleiros-inicia-unha-campana-de-sensibilizacion-sobre-a-doazon-de-medula-osea-1&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fc-servicios-sociais-e-sanidade%2Fsanidade
As Bibliotecas Municipais de Oleiros queren difundir a campaña de sensibilización que o Concello de Oleiros vai desenvolver entre a poboación sobre a doazón de medula ósea, a través dos distintos medios que ten ao seu alcance: mensaxes nos paneis informativos, na web municipal, nas redes sociais do Concello, folletos con información básica en todos os edificios municipais sobre como facerse doante..., pretende concienciar os veciños e veciñas sobre a transcendencia tan importante que ten este acto co que se pode axudar a moitas persoas en todo o mundo.

Xa hai ano e medio, a Concellería de Servizos Sociais e Sanidade desenvolvera unha campaña similar sobre a doazón de órganos e, nestes momentos, quere centrarse na doazón de medula ósea como apoio a unha nena, veciña de Santa Cruz, que se atopa loitando contra a enfermidade e contra o tempo e que precisa dunha doazón de medula ósea.

Os seus pais iniciaron unha campaña animando á xente nas redes sociais a través de facebook “Por Victoria hasta la médula”, coa que tratan de sensibilizar á xente sobre este tema.

A doazón de medula ósea é un acto sinxelo que salva vidas. A través deste acto solidario de xenerosidade, no que compartimos a maior riqueza que temos como persoas, a saúde, podemos salvar vidas en calquera lugar do mundo.

A Fundación Josep Carreras Contra a Leucemia é quen xestiona en España o Registro de Donantes de Médula Ósea, denominada REDMO. Na actualidade 3 de cada 4 enfermos de leucemia non contan cun doante familiar compatible, sendo un doante anónimo incluído nese rexistro a súa única esperanza de vida.

As persoas que queiran ser doantes de medula poden facelo a través do teléfono gratuíto do Plan Nacional 900 102 688.

Ligazóns de interese:
Infografía, cartel
https://galicia.medulaosea.org/gl/
https://www.fcarreras.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario