- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Catro Cascarolos", texto de Marilar Aleixandre. Ilustracións de Enjamio. Editado por Xerais.
"Catro cascarolos" conta as aventuras de catro irmáns caracois, chamados Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Cada un deles goza dunha habilidade. Pasaban os días tan felices no seu xardín, ata que un día chegan uns obreiros para cubrir toda a herba de lousas co fin de que os veciños e veciñas da zona non enlamasen os seus zapatos nos días de chuvia. Os catro cascaroliños comprenderon que non podían vivir sen herba nin sen raíces nas que esconderse, así que decidiron ir en busca dunha nova casa.

- Mozas-os e adultas-os:
"Tierra sin hombres" de Inma Chacón. En Planeta.
"Tierra sin hombres", ambientada íntegramente en Galicia, está adicada, segundo palabras da propia escritora, ás “viúvas de vivos” das que falaba Rosalía de Castro e á soidade á que se tiñan que enfrontar mentres agardaban o regreso dos seus maridos emigrados. A novela narra unha historia de principios do século XX na Galicia rural. Conta a historia de Rosalía, unha viúva de vivo e nai de Elisa e Sabela. Intentando evitar que as súas fillas

vivan marcadas sempre “polo que dirán”, Rosalía planea casar a Elisa, a maior, cun home cun futuro, Eloy, ao que a rapaza non quere, mentres que Sabela, que si está namorada de Eloy quedará destinada a coidar da granxa familiar e da súa nai.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario