1/4/16

Recomendacións en Radioleiros: 1 abril 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1192910- Xuvenil (maiores de 12 anos):

El misterio del cuadro robado : la gran aventura de Marvin y James, de Elise Broach
Siruela

Marvin é un inquedo escaravello que vive coa súa familia debaixo do vertedoiro da cociña da familia Pompaday, un sitio perfecto para vivir, pero non para Marvin que sempre desexou saber qué podía atopar máis aló do seu húmido e balorento fogar. A súa amizade con James, un dos membros da familia, levarao a vivir e resolver misterios e aventuras relacionadas co roubo dun cadro de Alberto Durero.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1200760&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20tes%20ata%2010%20castroTes ata as dez, de Francisco Castro
Galaxia

A historia ten o seu inicio o mesmo día en que Toni, o principal protagonista do libro, enterra a seu pai en Vigo, cando ao chegar a súa oficina recibe un correo electrónico do defunto. A través deste xogo de pistas sacadas de lecturas xuvenís como as novelas de Salgari, Julio Verne ou Stevenson,  o protagonista irá descubrindo fragmentos da vida de seu pai. Ao mesmo tempo descúbrenos o importante que foron os medios de comunicación durante a ditadura de Franco e o difícil traballo que levaron a cabo para denunciar os continuos abusos do réxime pese á brutal censura a que estaban sometidos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario