Presentamosche a guía de lectura titulada "Só para ti", formada por 125 recomendacións de libros, dvd e cd.
Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes idades, distintos gustos, intereses e preferencias. Os libros que se recomendan para nenos/as e adolescentes figuran clasificados por idades, para as que se consideran máis axeitados.
Nesta época en que hai máis tempo libre, na que nos deleitamos co sol e o mar, desexamos compartir libros, discos e películas que nos agradaron. Boas historias e bos libros para divertir e emocionar, reflexionar e aprender, mirar e observar, ver e escoitar.
Feliz verán e un cordial saúdo desde as bibliotecas municipais de Oleiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario