En total léronse 17 títulos de autores/as galegos/as, españois e internacionais, dos que os mellor valorados polas/os participantes foron:
Grupo A:
1º) Las baladas del ajo, de Mo Yan
Tragedia rural ambientada nunha aldea chinesa a finais dos anos oitenta do século pasado. Os ventos da modernidade empezan a soprar nas cidades pero aínda certos usos e costumes perduran nun campesinado que se ve obrigado a producir en masa unha colleita de allo baixo a promesa da súa compra a bo prezo por parte da administración. Mo Yan foi Premio Nobel de Literatura en 2012.
2º) Olive Kitteridge, de Elizabeth Strout
Premio Pulitzer 2009. Son trece relatos unidos por un nexo común, a profesora retirada Olive Kitteridge ofrece a súa óptica particular sobre a vida cotiá dunha pequena vila mariñeira do condado de Maine. Elizabeth Strout tamén gañou o National Book Award con este título.
3º) Las buenas personas, de Nir Baram
En 1938 e tras abandonar unha prometedora carreira nunha empresa estadounidense, Thomas Heiselberg decide traballar para os nazis en Polonia. Mentres, en Leningrado, Aleksandra Weissberg, filla dun intelectual xudeu, implícase co Comisionado do Pobo para Asuntos Internos de Stalin. Thomas e Aleksandra resolven sobrevivir a calquera prezo.
4º) 84 Charing Cross Road, de Helene Hanff
5º) Cometas en el cielo, de Khaled Hosseini
Conmovedora historia de dous pais e dous nenos, da súa amizade e de cómo a oportunidade pode converterse en fito inesperado do noso destino. Co pano de fondo da vida que se desenvolve en Kabul, no inverno de 1975, con total intensidade, forza e cor dunha cidade confiada no seu futuro...
Grupo B:
1º) 84 Charing Cross Road, de Helene Hanff
En 1949, unha nova escritora neoiorquina envía unha carta a unha librería londinense. Apaixonada e maniática, a moza reclámalle ao libreiro volumes dificilmente atopables que tranquilizarán a súa sede de descubrimentos. Vinte anos máis tarde continúa a súa correspondencia e a familiaridade convertese nunha intimidade case amorosa.
2º) El libro de arena, de Jorge Luis Borges
Trece relatos curtos e un epílogo dun estilo llano, case oral, e dun argumento imposible. Contos que nos sitúan nunha dimensión onírica onde non está clara a barreira entre a realidade e o soño e onde as paradoxas temporais, as reflexións sobre o infinito e unha visión particular de certos feitos históricos, entre outros temas, revélannos o universo inimitable do Nobel arxentino.
3º) La firma de todas las cosas, de Elizabeth Gilbert
Alma Whittaker é filla dun explorador botánico audaz e dunha estrita holandesa de boa familia. Independente e cunha sede de coñecementos insaciable, penétrase no mundo das plantas e da ciencia. Con todo, o home a quen ama camiña no sentido contrario, cara ao mundo do espiritual e o máxico. As súas contrastadas personalidades únense, pese a todo, nun desexo de coñecer como funciona o mundo.
4º) El ruido de las cosas al caer, de Juan Gabriel Vásquez
“El ruído de las cousas al caer” é a historia dunha amizade frustrada. Pero é tamén unha dobre historia de amor en tempos pouco propicios, e unha radiografía dunha xeración atrapada no medo, unha investigación chea de suspense no pasado dun home e dun país, Colombia.
5º) Olive Kitteridge, de Elizabeth Strout
A finais de setembro abrirase de novo o prazo para inscribirse na próxima temporada desta actividade. As sesións comezarán a principios de outubro na Biblioteca Rialeda e serán os mércores, ás 17:30 horas.
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz comezarán a mediados de outubro e terán lugar os luns ás 18:30 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario