O venres 6 de febreiro, ás 18:30 horas, levarase a cabo na Biblioteca Municipal Mª José Trincado de Mera a sesión de maxia denominada “Maxia cómica” a cargo de Leo Leiño.
Nesta actividade poden participar nenas e nenos de 4 a 12 anos e seguro que se van divertir. Se tes máis de 4 anos e queres aprender xogos de maxia, poderás facelo ao mesmo tempo que gozas cun espectáculo divertido e sorprendente titulado “Maxia cómica”, no que contan unha historia que une os libros coa maxia.
Debido a que o aforo é limitado é imprescindible reservar praza na biblioteca ou chamando ao teléfono 981 628 507.
Con esta actividade de animación á lectura trátase de desenvolver a imaxinación e a fantasía das nenas e nenos participantes. Ao mesmo tempo que pasan uns momentos agradables cos libros, sorprenderanse con entretidos trucos de maxia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario