Un rei tiña unha pena, polo que se reuniu a comisión de sabios para ver como se solucionaba. Recoméndanlle: pasear, facer exercicio e sobre todo cambiar a dieta alimenticia. Por este motivo, deciden cubrir a praza vacante de cociñeiro do palacio. Preséntanse distintos cociñeiros e tamén, Mencía, unha cociñeira decidida que a pesar de que lera que no bando poñía cociñeiro en masculino, ela non se acovarda e botando man dun recetario de súa avoa, que ten un segredo moi especial, elabora un menú que chega directamente ao corazón do rei. Cal pode ser ese segredo?
Fermosa e simpática historia que nos mergulla nos sabores e olores da cociña tradicional galega para que a amemos e a valoremos.
Soledad Felloza, con esta obra, foi gañadora do Premio de Narración Oral Cociña de Contos no que participaron contadores e contadoras de España, Portugal e Polonia.
Fermosa e simpática historia que nos mergulla nos sabores e olores da cociña tradicional galega para que a amemos e a valoremos.
Soledad Felloza, con esta obra, foi gañadora do Premio de Narración Oral Cociña de Contos no que participaron contadores e contadoras de España, Portugal e Polonia.
Seleccionado entre os libros finalistas para o Premio de literatura infantil Xosé Neira Vilas que convoca a Asociación Galega de Editores.
- Mozas/os e adultas/os:
La montaña mágica, de Thomas Mann
Edhasa
Está considerada unha obra clásica da literatura alemá do século XX. Comezou a escribila en 1912, a raíz dunha visita a súa muller a un sanatorio de Davos, nos Alpes suízos, no que estaba internada. Deixouna interrompida con motivo da Primeira Guerra Mundial e continuouna en 1920. Publicouse en 1924.
Narra a estancia do seu protagonista principal, o mozo Hans Castorp, nun sanatorio para enfermos de tuberculose, situado en Davos, entre os anos 1907 e 1914. Vai coa intención de visitar a un primo e estar con el tres semanas, pero despois quédase 7 anos. Alleos ao transcorrer do tempo, unha serie de personaxes dispares representan a condición humana e son a iniciación intelectual deste mozo.
Moitos especialistas considérana unha obra filosófica porque introduce moitas reflexións sobre o tempo, a enfermidade, a morte...
Reflicte á perfección o modelo de vida da burguesía europea de principios do século XX e mostra as contradicións sociais e intelectuais da época.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario