2/3/15

Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino público: 2 a 6 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
Entre as diversas actividades de promoción da lectura organizadas polas bibliotecas municipais do Concello de Oleiros e dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público deste termo municipal, este curso celebrarase a XXIV Campaña de promoción da lectura co obxectivo de fomentar a lectura e promover o uso dos libros. Preténdese colaborar en espertar o gusto pola lectura, de forma que as nenas e os nenos vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.
Comezaremos, o día 3 de marzo, na Biblioteca Central Rialeda con sesións dirixidas ao https://www.facebook.com/caxoto.kativo?fref=ts  alumnado do Colexio Valle-Inclán de Perillo, con contacontos como “Un conto de tres noites” baseado nunha adaptación da obra do escritor Xabier P. Docampo, a cargo do contador Caxoto, para  alumnado de 3º de primaria.
O día 4, levarase a cabo “Abrapalabra”, un espectáculo de maxia,  contos e poesía a cargo de Matapiollos Teatro dirixido a alumnado de 4º de primaria.
O día 6, talleres de banda deseñada impartidos polo ilustrador Manel Cráneo para nenas e nenos de 5º de primaria.

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, o 5 de marzo realizarase o obradoiro de ilustración, denominado Sensacións debuxadas: debuxando cos cinco sentidos, no que se mostrará o debuxo como unha linguaxe universal e se explicará como con calquera elemento debuxado se pode transmitir unha mensaxe en calquera parte do mundo. Estará impartido, tamén, polo ilustrador Manel Cráneo e dirixirase a alumnado de 3º de primaria do CEIP Luís Seoane de Mera. Con estes obradoiros de ilustración e de banda deseñada preténdese que as nenas e os nenos poidan aprender diferentes técnicas de debuxo, así como aspectos básicos da banda deseñada ao mesmo tempo que se fomenta a creatividade e a imaxinación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario