Esta obra é o segundo libro que presenta as aventuras dunha nena, Usha, que vive en Devastana, unha aldea da India. O primeiro titúlase Usha. Ela chámase Uxía, pero as súas amizades chámanlle Usha. É galega e está na India debido a que acompaña a súa nai, unha médica membro dunha ONG. Acabou o verán e comezan novamente as clases, vai realizar o último curso de primaria. Desde o principio bota en falla a un amigo, Deepak, que marchara de vacacións ao norte do país, a Delhi, e que non veu ao comezo das clases. Pasan os días e non aparece, por outra parte Lakshmi deixa de ir á escola...
- Mozas/os e adultas/os:
El lenguaje de las flores, de Vanessa Diffenbaugh
Salamandra
A protagonista é unha moza de 18 anos que pasou a súa vida entrando e saíndo de casas de acollida e de pisos tutelados, unha veces por culpa da súa forma de ser e outras pola falta de humanidade dalgunha das familias. Por estas causas converteuse nunha moza introvertida e arisca, unha persoa
con moitas carencias afectivas, que o único que a libera, e onde se sente ben, é na súa relación coas plantas e coas flores. Está a punto de ser expulsada do último piso tutelado e narra as súas aventuras pasando de ser practicamente unha vagabunda, a traballar nunha floristería e despois montar o seu propio negocio. Ten a cualidade de que coñece a linguaxe das flores e que, ademais, producirá ese efecto nas persoas que reciban eses ramos, en función das flores que os compoñan. Isto fará que a clientela solicite que ela faga os ramos.
Vemos unha moza marcada por unha dura historia persoal e como atopa nesta linguaxe un medio para confiar e amar aos seus semellantes.
Esta linguaxe está inspirada no código que a sociedade victoriana inglesa utilizaba para expresar sentimentos por medio das flores, que doutra maneira non se poderían dicir nesa época, e tamén na obra “Le Langage des Fleurs”, de Charlotte de Latour, un compendio da simboloxía das flores que a súa autora recolleu da poesía e a mitoloxía antigas e incluso da medicina.
A protagonista é unha moza de 18 anos que pasou a súa vida entrando e saíndo de casas de acollida e de pisos tutelados, unha veces por culpa da súa forma de ser e outras pola falta de humanidade dalgunha das familias. Por estas causas converteuse nunha moza introvertida e arisca, unha persoa

Vemos unha moza marcada por unha dura historia persoal e como atopa nesta linguaxe un medio para confiar e amar aos seus semellantes.
Esta linguaxe está inspirada no código que a sociedade victoriana inglesa utilizaba para expresar sentimentos por medio das flores, que doutra maneira non se poderían dicir nesa época, e tamén na obra “Le Langage des Fleurs”, de Charlotte de Latour, un compendio da simboloxía das flores que a súa autora recolleu da poesía e a mitoloxía antigas e incluso da medicina.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario