- Infantil (maiores de 7 anos):
"Rajá: el mago más poderoso del mundo" de Carl Norac, ilustracións de Aurélia Fronty, en Edelvives.
Un álbum de gran formato con espléndidas ilustracións cheas de cor, que narra unha historia de amor inspirada na India, na que Rajá, un aprendiz de mago, ten que superar múltiples probas para obter a credibilidade da súa familia e lograr o amor da súa amada. A familia de Rajá é desde hai máis de cen anos un clan de magos, pero Rajá non desexa pasar a vida ensaiando a diario os mesmos trucos. Para el o segredo da felicidade está nas cousas sinxelas: respirar o aire que nos rodea, rir e xogar e o que máis lle gusta de todo é executar malabares con ovos para entreter á fermosa Devika, a filla do marajá. Pero un día o pai chámao e dille que se ten que converter nun auténtico mago, senón será a deshonra de toda a familia, para isto terá que pasar por unha serie de vicisitudes que as nenas e os nenos que queiran coñecelas, deben achegarse ata a biblioteca, levar este libro en préstamo e lelo.
É unha obra que nos presenta aspectos dos contos tradicionais como a posta a proba do protagonista a través dunha viaxe iniciática e de aprendizaxe, ou a recompensa que é o triunfo do amor. É un libro para ver e observar pois as fermosas ilustracións, que ocupan a maior parte das páxinas, deléitannos segundo as imos contemplando.
- Mozos-as e adultos-as:
"A viaxe de Gagarin" de Agustín Fernández Paz, editado por Xerais.
Emotiva historia na que o protagonista, Miguel Mendiguren, un home duns sesenta anos, (mentres acompaña a súa nai nun hospital, nos últimos días da súa vida) lembra a súa adolescencia e primeira mocidade, na Coruña dos anos 60. Retrata a Coruña do franquismo, unha época de represión, de brigadas político-sociais, do Tribunal de Orden Público, pero tamén da resistencia anti-franquista, e aproveita para comentar a cultura pop da época: o cine e a música dos 60.
Chamábanlle Gagarin por un premio que gañou de neno por un traballo escolar sobre esa primeira viaxe espacial e pola súa afección por esta temática. Nesta obra, Agustín Fernández Paz, coa mestría que o caracteriza e a súa excelente prosa, irá contando a vida de Gagarin e a súa familia (unha familia sinalada pola policía) nestes duros anos do franquismo; ao mesmo tempo que nos narra unha fermosa historia de amor. Segundo comenta o autor en varias entrevistas, esta obra é unha homenaxe á resistencia franquista, é un libro contra a desmemoria, e así di: “Sen memoria, non somos”. Unha fermosa novela que nos vai atrapar, que nos fará lembrar ou dará a coñecer (para os/as máis novos/as) eses terribles anos do franquismo, ao mesmo tempo que nos presenta unha emocionante historia de amor.

Di o autor que lle levou máis tempo buscar a documentación que o que foi a propia escritura da obra e para compartir con todos nós esa información abriu un blog http://agustinfernandezpaz.eu/gagarin no que todas as persoas que queiran poden achegarse ao que foron os anos sesenta.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario