12/6/14

Os mundiais de fútbol e baloncesto 2014 xóganse nas Bibliotecas de Oleiros: sede Dorneda

http://issuu.com/bibloleiros/docs/sede_dorneda?e=7033842/8220534
O 12 de xuño arranca unha das competicións que máis expectación levantan a nivel mundial: o Mundial de Fútbol Brasil 2014. Desde esa data e ata o vindeiro 13 de xullo os/as afeccionados/as, e non tanto, imos gozar das mellores seleccións mundiais deste deporte. 

http://issuu.com/bibloleiros/docs/sede_dorneda?e=7033842/8220534E cambiando de deporte, non tan maioritario, pero non menos importante, temos o Mundial de Baloncesto España 2014. Desde o 30 de agosto ao 14 de setembro de 2014. Onde tamén poderemos deleitarnos coas mellores seleccións mundiais do deporte da canastra.

Por todo elo, nesta biblioteca, quixemos rendir unha homenaxe a estes dous deportes, facendo unha pequena exposición de libros e DVD que traten ou teñan como eixo calquera deles.

Así como os mundiais se celebran en diferentes sedes, tamén o farán as nosas exposicións adicadas a estes dous deportes. Visita a nosa primeira "sede" de Dorneda á que seguirán outras bibliotecas con cadansúa expo.


Agardando que sexan do teu agrado e podas botarlles unha ollada, aquí te esperamos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario