12/6/14

Horarios das bibliotecas de Oleiros durante xuño, xullo, agosto e setembro 2014

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-19501.pdf
Eis os horarios das bibliotecas para o verán 2014, (clica na imaxe e accede aos horarios de todas as bibliotecas durante os meses de xullo, agosto e setembro).
 
Recordámosvos que na Biblioteca Central Rialeda poderedes renovar os libros e outros materiais daquelas bibliotecas que estean pechadas. Iso si, deberás facer a devolución dos libros ou o material que teñas en préstamo na biblioteca onde o retiraches. Se a biblioteca correspondente está pechada, espera a que abra para facer a devolución.
 
Informávosmos tamén que a Biblioteca Central Rialeda en Perillo, a Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz, e a Biblioteca Mª José Trincado en Mera estarán abertas ao público durante todo o verán.
 
Podedes contactar connosco ou consultar calquera dúbida sobre o horario chámandonos á Biblioteca Central Rialeda, no teléfono 981 639511, envíandonos un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org, ou a través de CONTACTA BIBLIOTECAS.
 
Queremos desexar un feliz verán a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog, da web do Concello de Oleiros, de twitter @bibloleiros e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario