6/5/14

6 de maio: Presentación do libro "Marxinados" de Pepe Carballude no Auditorio "A Fábrica"

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-17851.pdf
Martes 6 de maio
Ás 20 h. en A Fábrica de Perillo

Presentación do libro Marxinados de Pepe Carballude, actividade organizada polas Bibliotecas municipais de Oleiros en colaboración coa editorial Galaxia.

Pepe Carballude é escritor, tradutor e profesor de latín do Instituto Neira Vilas de Perillo. Aparte da súa traxectoria profesional na que destacan traducións de poetas latinos ou a obra A vida diaria dos romanos, ten un longo percorrido na literatura galega, podemos dicir que é un dos escritores principais de literatura infantil e xuvenil galega con títulos como:  Investigación 091, O talismán dos druídas, Xograres dun tempo novo, Miña avoa ten 13 anos, Andainas de Pedro Chosco, SOS, ¡Maldito DNI!, Paisaxe con fondo gris, Andrea quere ser maior, Romaxe de desventuras, A fraga misteriosa,  De como o Santo dos Croque se fai peregrino co que obtivo o Premio Barco de Vapor de literatura en galego no ano 2002, O deus desaparecido Premio Barco de Vapor de literatura en galego no ano 1990 ou Os gazafellos Premio Barco de Vapor en 1986, etc.

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111254Marxinados é unha historia fermosa e emotiva de nenos e adolescentes que viven nun centro de menores, fálanos dun mozo que destacaba como xogador de baloncesto pero que un día decide deixalo e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na miseria, nas drogas... Pero tamén está alí a causa dunha historia de amor. Unha novela para pensar e reflexionar sobre as persoas que non poden facer nada por cambiar as cousas, pero tamén unha novela para pensar e reflexionar nas persoas que as cambian para mellor, todos os días. Un conmovedor libro que nos chega a todos ao corazón e que non deixa indiferente a ninguén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario