O día 6 de maio, ás 10:30 horas, terá lugar unha charla-coloquio sobre o escritor Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas 2014, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, situada no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, a cargo do profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo. Esta actividade, organizada polas bibliotecas municipais de Oleiros, está dirixida a alumnado de 3º e 4º de ESO do Instituto Neira Vilas e do Instituto Miraflores e nela participaran sobre 160 alumnos/as e 9 profesores/as destes centros.
Xosé María Díaz Castro foi un escritor e tradutor galego. A súa obra Nimbos, publicada pola editorial Galaxia, tivo moita influencia en poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e por tratar os problemas básicos do ser humano: a vida, a morte e o tempo. Un dos seus poemas máis coñecidos é o titulado Penélope, no que reflexiona sobre Galicia. A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas deste ano coincidindo co centenario do nacemento do autor.
O profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo realizou a tese doutoral sobre a “Obra completa de Xosé María Díaz Castro. Estudo e edición crítica”.
Existen numerosos recursos na Rede que amosan a grande creatividade que existe en centros educativos de toda Galicia para dar a coñecer a biobibliografía de Xosé María Díaz Castro. Ofrecemos o seguinte:
No hay comentarios:
Publicar un comentario