8/11/13

Recomendacións en Radioleiros: 8 de novembro

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=106805http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros- Xuvenil (maiores de 12 anos):
"O país adormentado" de Xabier P. Docampo, editado por Xerais.
É un libro que permanece no tempo despois de levar moito tempo publicado. Estamos agora ante unha nova  reedición, un deses libros clásicos que espertan a “consciencia” nos lectores, moi necesario na actualidade. Narra a aventura dunha adolescente, Aurora, que cansa de que no seu reino ninguén faga outra cousa que durmir. Decide ir na procura do seu amigo Val que antes que ela deixou a cidade para vivir noutros lugares onde as xentes non resolvan “non vivir para non morrer”, que é o que os seus gobernantes lles recomendan: canto máis durman, máis tempo vivirán. O autor fai unha proposta fantástica que ben se pode aplicar á nosa realidade, porque xa é hora de espertar conciencias adurmiñadas,  sen esquecer a historia, que a protagonista tenta  recoller en libros desaparecidos e que deberá compilar para entender. Docampo reivindica así o papel esencial da literatura, da obra escrita e da necesidade de que se fale de nós.
- Mozos-as e adultos-as:
"Tan frescas: las nuevas mujeres mayores del siglo XXI" de Anna Freixas Farré, en Paidós.
Anna Freixas nos presenta un libro innovador con miles de historias vividas por mulleres maduras de hoxe, que pertenceron a esa xeración do Rock&roll, o feminismo, a loita pola
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=107331igualdade e que hoxe teñen máis de 60 anos,  esas mulleres que remataron cos estereotipos de anciá “modosiña” que fai calceta. Son mulleres independentes, activas e esixentes que simplemente van cumprindo anos. Nos primeiros capítulos aborda reflexións sobre saúde, beleza, sexualidade, mentras nos últimos relata historias vividas por  mulleres que reflicten o modo que teñen de ver a vida e de vivila desde una liberdade persoal que conleva unha satisfacción vital. Pódese enmarcar dentro dos libros de autoaxuda pero tratado con humor e entretemento, cunha linguaxe sinxela; en certo modo ten tintes autobiográficos polo que o lector ou lectora síntese identificado-a co libro.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario