4/11/13

Parabéns Miguelanxo Prado!!!

 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=prado%2C+miguelanxo&idx=au
Miguelanxo Prado foi recoñecido co Premio Nacional de Cómic 2013 do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 
Coruñés de 1958, descubríu o mundo da historieta sendo alumno da Escola de Arquitectura. En 1979, con Xan López Domínguez e Fran Jaraba, intenta crear unha revista galega de cómic, Xofre. Colabora con distintos estudos de arquitectura, pero en 1982 emprende a aventura do cómic instalándose en Barcelona, a capital peninsular das revistas de banda deseñada. Recoñecido internacionalmente e premiado en diferentes salóns especializados (Porto, Xenebra, Treviso, Barcelona, Angouleme, etc.) o seu traballo abarca os diferentes campos do grafismo e a ilustración, desde a pintura e o deseño gráfico ata colaboracións para televisión (Xabarín Club) ou prensa (na edición dominical de La Voz de Galicia, nas revistas Luzes de Galiza, Galicia Internacional e a máis recente Tempos...).

Esta variedade de rexistros tamén se presenta no caso da ilustración de textos literarios doutros-as autores-as. Miguelanxo continúa a historia narrativa aportando a súa perspectiva plástica en La ley del amor (1995) de Laura Esquivel, ou pon imaxes a un texto clásico, como en Pedro e o lobo (1993), conto popular do ruso Prokofiev adaptado literariamente por Miguel-Anxo Murado. No campo do libro infantil e xuvenil deseña cubertas (Cando o mar foi polo río, de Manuel María, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz...) ou le gráficamente a historia (Bala perdida de Manuel Rivas). Foi o creador do Xabarín da TVG e todos os personaxes da serie "Os vixilantes do Camiño". En 1998 foi requerido por Dreamworks para deseñar os personaxes da serie de animación "Men in Black". Ese mesmo ano entrou a dirixir a revista sobre banda deseñada "Elipse", editada pola Consellería de Cultura. Tamén desde 1998 dirixe o salón "Viñetas desde o Atlántico". En 2003 viu a luz a súa colaboración co famoso guionista de Sandman, Neil Gaiman, no libro colectivo "Noites eternas"


No vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda temos unha exposición con algunhas das súas obras pero sobre todo, non te debes perder o magnífico mural realizado en 2009 na sala infantil de Rialeda por este prestixioso autor galego.


Asimesmo, na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" en Liáns, presentámosche unha mostra bibliográfica que inclúe unha selección dos seus títulos en banda deseñada. 


PARABÉNS MIGUELANXO!!!
Información obtida en www.filix.org e www.culturagalega.org


No hay comentarios:

Publicar un comentario