O día 28 de outubro recibiremos na Biblioteca Central Rialeda ao alumnado de 1ºe 2º de ESO do IES O Mosteirón.
- 8,45 h.: 1º ESO
- 12,00 h.: 2º ESO
Explicaráselles a historia do edificio, coñecendo as diferentes salas e servizos, xunto cunha demostración audiovisual sobre o funcionamento do catálogo.
Ao remate da visita, o actor Ramiro Neira de Artestudio Teatro realizará unha dramatización baseada nos relatos de Álvaro Cunqueiro.
Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario