Xoves, 18 de abril
Contacontos “Que traballo dan os pequenos!”, a cargo da Compañía Trinke Trinke, dirixido ao alumnado de 4 anos do CEIP Parga Pondal.
“Obradoiro de banda deseñada”, con Manel Cráneo, dirixido a alumnado de 6º de primaria de CEIP Rabadeira.
“Obradoiro de ilustración”, con Xosé Tomás, dirixido a alumnado de 3º e 4º de primaria do CEIP Valle-Inclán.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Soledad Felloza.
Venres, 19 de abril
“Obradoiro de banda deseñada”, con Manel Cráneo, dirixido a alumnado de 6º de primaria do CEIP Rabadeira.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Caxoto.
Luns, 22 de abril
“Obradoiro de ilustración”, con Xosé Tomás, dirixido a alumnado de 5º de primaria do CEIP Valle-Inclán.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Soledad Felloza.
“Tertulia literaria para mozos/as e adultos/as”, ás 18:30
Martes, 23 de abril
“Xeografía do imaxinario”: contos e lendas da mitoloxía galega, con Soledad Felloza, dirixido ao alumnado de 3º e 4º de primaria do CEIP Valle-Inclán.
“Obradoiro infantil de poesía”, a cargo de Yolanda Castaño, dirixido a alumnado de 4º de primaria do CEIP Rabadeira.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Caxoto.
Mércores, 24 de abril
“Xeografía do imaxinario”: contos e lendas da mitoloxía galega, con Soledad Felloza, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Valle-Inclán.
“Tertulia literaria para mozos/as e adultos/as”, ás 17:30
“Un conto de tres noites” de Xabier P. Docampo, a cargo de Caxoto, dirixido a alumnado de 3º de primaria do CEIP Rabadeira.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Pedro Brandariz.
Xoves, 25 de abril
“Contos marabillosos”, con Soledad Felloza, dirixido ao alumnado de 2º de primaria do CEIP Rabadeira.
“Obradoiro de teatro sobre Roberto Vidal Bolaño”, a cargo do dramaturgo Rubén Ruibal, para alumnado de 6º de primaria do CEIP Parga Pondal.
“Obradoiro de ilustración”, con Xosé Tomás, dirixido a alumnado de 6º de primaria do CEIP Valle-Inclán.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Paula Carballeira.
Venres, 26 de abril
Contacontos “Un nacemento especial”, a cargo da Compañía Trinke Trinke, dirixido ao alumnado de 1º de primaria do CEIP Rabadeira.
“Obradoiro de teatro sobre Roberto Vidal Bolaño”, a cargo do dramaturgo Rubén Ruibal, para alumnado de 5º de primaria do CEIP Parga Pondal.
Martes, 30 de abril
Contacontos “Que traballo dan os pequenos!”, a cargo da Compañía Trinke Trinke, dirixido a alumnado de 4 e 5 anos do CEIP Rabadeira.
“Hora do conto”, ás 18:30, coa Compañía Trinke Trinke.
Do 18 ao 30 de abril na Biblioteca “Mª José Trincado” de Mera levarase a cabo a actividade E ti … que les?: son moitas as persoas que visitan a biblioteca en busca dese libro que as faga soñar, viaxar a outro lugar e a outra época, namorarse, chorar de pena ou de risa, aprender a cociñar, … E se compartes con nós as lecturas que che deixaron pegada? Non sexas tímid@, achégate á biblioteca e fai a túa recomendación de lectura. Só tes que indicar o autor/a e o título e , se queres, un pequeno comentario. Tamén podes enviarnos a túa recomendación por e-mail!!! Con todas as aportacións faremos unha exposición moi recomendable!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario