16/4/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 16 de abril:
- Infantil (8 a 10 anos):
"A peripecia de Roi" de Carlos López editado por Tambre (col. Ala delta)
Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña.
Durante toda a semana Roi portouse moi ben, así que súa nai decide premialo prometéndolle que o vai levar á festa.
Coa ilusión ergueuse cedo, pero non lle da pasado o tempo. Cando comeza a soar a música dos cabaliños, marcha coa súa nai para a festa. Quere ir en todas as atraccións e mercar un globo con cara de golfiño, pero tamén lle gusta o de cara de oso, e o de león, e o de cebra...
Unha divertida obra, cun sorprendente final, para nenos e nenas a partir de 8 anos.


- Mozos-as e adultos-as:


"Poesía" de Miguel Hernández, en Espasa-Calpe (Obra completa. Tomo I)


Miguel Hernández foi un poeta de forte personalidade, de gran humanidade e tenrura que escribiu fermosos poemas amorosos e existencialistas.
Algunhas das súas obras, recollidas neste volume son:
El rayo que no cesa, na que o amor e a morte constitúen os eixos da súa escritura.
Cancionero y romancero de ausencias, que é posiblemente a súa produción máis intimista, no que figura o seu poema “Nanas de la cebolla” dedicadas ao seu fillo, ao recibir unha carta da súa muller onde lle dicía que non comía nada máis que pan e cebola.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario