28/6/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 25 de xuño:

- Infantil (a partires de 8 anos):

Editorial Galaxia. Colección Árbore

A historia dunha abella que recebe o encargo de buscar flores para traer néctar e pole e salvar á colmea. Nesta busca, despois de moitas dificultades, atopa flores (néctar e pole), pero tamén a súa identidade e liberdade.

- Mozos-as e Adultos-as:

Memorial del convento, de José Saramago
Editorial Alfaguara

José Saramago, escritor portugués, no ano 1998 recibiu o Premio Nobel de Literatura, converténdose no primeiro escritor (e ata agora o único) de lingua portuguesa en gañar este premio.

Memorial del convento é un dous seus libros máis famosos e dos de máis sona da literatura portuguesa. A historia desenvólvese no Portugal do século XVIII, cando o rei Don Juan V, manda construír un convento franciscano en Mafra, logo de serlle concedido o “milagre” de que a súa muller, Dona María Ana de Austria, quedase embarazada, despois de moitos intentos. Paralelamente narra a historia de Baltasar Mateus, un ex-soldado que regresa a Portugal sen unha man e que casa con Blimunda, unha muller cun estraño poder que lle permite observar o interior das persoas. Ao longo do libro narra o proceso de construción do convento de Mafra e o dunha máquina para voar e conta as duras condicións de vida do pobo en épocas de guerra, fame e supersticións.

Na Biblioteca Rialeda tamén hai a versión en portugués.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario