7/5/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 7 de maio:
- Infantís: "Cuentos 1.2.3.4" de Eugéne Ionesco, con ilustracións de Etienne Delessert editado por Combel.
Textos recomendados para menores de tres anos, escritos por Eugéne Ionesco, pai do teatro do absurdo e adicados á súa filla para a que foron escritos. Son na súa definición contos "surrealistas", distintos aos habituais e cunhas ilustracións parisinas de grande calidade.
- Adultos-as: "As escolas de fundación en Galiza: unha necesidade social de alfabetización" de Luis Obelleiro Piñón, en A Nosa Terra.
O historiador xa falecido Luis Obelleiro estuda as fundacións destinadas a escolas de primeiras letras instituídas durante os séculos XVII e XVIII, centrándose nas situadas na provincia de Pontevedra. Fornecidas economicamente por eclesiásticos, emigrantes enriquecidos e comerciantes, foron fundamentais para que un importante número de nenos e nenas tivese unha escolarización primaria.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario