11/5/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 9 de maio:

Poemas que me cantou o grilo, de Ana Mª Fernández
Ilustrado por Fausto Isorna
Editorial Tambre
34 poemas de ritmo áxil e vocabulario sinxelo que rápidamente consiguen fascinar a nenos e nenas para ler ou recitar en voz alta.

Tras do solpor, de Haruki Murakami
Editorial Galaxia
En Toquio, no tempo que pasa entre a medianoite e o amencer (menos de sete horas) transcorren os 18 capítulos desta novela.
A través de dúas irmás, Mari, unha moza que ten pensado estar toda a noite lendo nun bar, porque non quere ir para a súa casa e Eri que leva tres meses durmindo sen espertar, o autor vainos presentar diversas persoas que por diversos motivos pasan a noite sen durmir.

Recomendación feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario