Na exposición biobibliográfica "Para @s amig@s", situada no vestíbulo da Biblioteca Rialeda, sobre o intelectual, ensaísta e galeguista Ramón Piñeiro protagonista do Día das Letras Galegas 2009 podemos atopar recursos bibliográficos (como o libro Vida e obra de Ramón Piñeiro da autora Beatriz García Turnes en edición patrocinada polo Concello de Oleiros), audiovisuais e a través de internet para coñecer mellor a figura do intelectual nacido en Láncara. Contamos ademáis con dúas series de paineis informativos sobre a polifacética personaxe de Piñeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario