8/3/24

Conmemoración do Día da Muller 2024 en Bibloleiros

Conmemoración do Día da Muller 2024 en Bibloleiros
Conmemoración do
Día da Muller eBibloleiros. En todas as bibliotecas municipais realizaranse exposicións de fondos bibliográficos (libros, DVD, CD) relacionados con feminismo, mulleres que destacaron como científicas, escritoras, no mundo da arte, na música, no cine, no deporte, na política e noutras temáticas. Tamén obras literarias, tanto para público infantil e xuvenil como para persoas adultas, escritas por mulleres.

"Mulleres e Artes", escolma de libros sobre artistas ocultadas polo veo da invisibilidade. Exposición bibliográfica que fala de escritoras, pintoras, escultoras, artistas que foron inspiradoras, transgresoras, valentes e libres. Mulleres vangardistas que contribuíron de xeito crucial a transformar as súas áreas artísticas pero non viron recoñecido o seu inmenso traballo, aínda hoxe.
Exposición de material bibliográfico titulada “Literatura en feminino” no que figurarán obras de autoras que ao longo da Historia da Literatura por un ou outro motivo recolleron alegatos contra a sociedade patriarcal e a denuncia das desigualdades en todos os ámbitos sociais.
Mostra "Medrando en igualdade", para este día de reflexión e reivindicación desde a biblioteca queremos seguir mostrando o noso compromiso coa igualdade.
Exposición bibliográfica “Da man dELAS”: historias de nenas e mulleres que afrontan prexuízos e loitan polos seus soños.
"Mulleres relevantes na historia" é unha exposición para público infantil con biografías de mulleres que fixeron historia conseguindo grandes logros científicos, sociais, políticos e artísticos.
Mostra bibliográfica na sala infantil e xuvenil "Mulleres que deixaron pegada" sobre mulleres que destacaron como científicas, no mundo das artes, da política, do deporte, etc. 
Exposición sobre o feminismo.

ACTIVIDADES PARA PÚBLICO INFANTIL
Todas as sesións serán ás 18:30 h.
1 de marzo: "Rebeldes" con Ramiro Neira na Biblioteca Mª José Trincado (Mera). Para crianzas a partir de 5 anos.
4 de marzo: "A cidade violeta" a cargo de Anxo Fariña na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda). Para crianzas a partir de 5 anos.
5 de marzo: "Exploradoras" con Ramiro Neira na Biblioteca Manuel María (Oleiros). Para crianzas a partir de 5 anos.
6 de marzo: "Lúa quere viaxar a Marte" a cargo de A Xanela do Maxín na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Para crianzas a partir de 5 anos.
7 de marzo: "De princesas vai o conto" a cargo de Proyecto Bululú na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé). Para crianzas a partir de 5 anos.
7 de marzo: "E ti que queres ser de maior?" con Trémola Teatro na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Dirixido a crianzas a partir de 5 anos.
8 de marzo: "Unha nena moi moi valente" a cargo de Trémola Teatro na Biblioteca Ánxel Fole (Nós). Para crianzas a partir de 5 anos.

Actividades plásticas e manuais
- Biblioteca Manuel María (Oleiros):
Actividade para público infantil “Comecocos pola igualdade”. Creamos un comecocos con 8 preguntas sobre o reparto das tarefas do fogar e dos coidados. Para xogar e reflexionar en familia.
- Biblioteca Ánxel Fole (Nós):
Pasatempos como a sopa de letras para atopar os nomes de mulleres galardoadas co Premio Nobel.
- Biblioteca Xograr Mendiño:
Debuxos de mulleres ilustres cunha pequena descrición biográfica para as crianzas.

5 de marzo: "Contos pola igualdade" para alumnado de 3º e 4º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
6 de marzo: "Contos pola igualdade" para alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
7 de marzo: "Contos pola igualdade" para alumnado de 3º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).

ACTIVIDADES PARA MOCIDADE E PÚBLICO ADULTO
Presentación da obra "Aprendendo a vivir na túa ausencia" de Carmen Torreiro. Xoves 7 de marzo ás 19:00 h. no Teatro "As Torres" (Santa Cruz). Intervirán: a autora, Carmen Torreiro; o escritor e editor, Xulio López Valcárcel e a psicóloga, Alma López Sande.

4/3/24

Presentación da obra "Aprendendo a vivir na túa ausencia" de Carmen Torreiro: 7 de marzo

Presentación da obra "Aprendendo a vivir na túa ausencia" de Carmen Torreiro: 7 de marzo
Teatro "As Torres" (Santa Cruz)
Xoves 7 de marzo ás 19:00 h.

Intervirán: a autora, Carmen Torreiro; o escritor e editor, Xulio López Valcárcel e a psicóloga, Alma López Sande.

"Aprendendo a vivir na túa ausencia" conmovedor poemario dedicado ao seu fillo Siegfried, finado o un de marzo de 2019. 

A autora, a través destes poemas, comparte unha parte íntima da súa vida: o enfrontamento á angustia pola enfermidade mental dun ser querido e ao sufrimento pola súa perda. Recollen un mundo de emocións, de amor e dor, sentimentos universais que todos compartimos. Carmen Torreiro traballou de mestra en Salamanca, Zamora e A Coruña, profesora de Lingua e Cultura Española en Besançon, Lille e París, pintora, gravadora, ceramista, escribe desde sempre. Tamén fai teatro e canto.
Como pintora realizou exposicións individuais e colectivas en Francia e en España, tendo obra en organismos oficiais dos dous países. Como escritora publicou en revistas e en libros colectivos.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

Mulleres e Artes: expo en Rialeda para o 8 de marzo

Mulleres e Artes: expo en Rialeda para o 8 de marzo
Mulleres vangardistas que contribuíron de xeito crucial a transformar as súas áreas artísticas pero non viron recoñecido o seu inmenso traballo, aínda hoxe.

"Mulleres e Artes" é unha escolma de libros sobre artistas ocultadas polo veo da invisibilidade.

Eis a exposición bibliográfica que celebra o 8 de marzo que fala de escritoras, pintoras, escultoras, artistas que foron inspiradoras, transgresoras, valentes e libres na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Arredemos os panos que agochan as vidas e as obras de creadoras que non ocuparon o lugar que lles correspondería!!!

Tertulia literaria en Mera: luns 4 marzo 2024 (Grupo A)



Biblioteca "María José Trincado". Mera.

19 a 20:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "El colibrí" de Sandro Veronesi.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Lejos" de Rosa Ribas. 

2/3/24

Hora do conto: 4 a 8 de marzo de 2024

Hora do conto: 4 a 8 de marzo de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Luns 4 de marzo, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
OBRADOIRO: “A cidade violeta”
MONITORADO: Anxo Fariña

Martes 5 de marzo, ás 18:30
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Exploradoras”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Mércores 6 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ESPECTÁCULO: “Lúa quere viaxar a Marte”
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

Xoves 7 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “De princesas vai o conto”
CONTACONTOS: Proyecto Bululú

Xoves 7 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “E ti que queres ser de maior?”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Venres 8 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Unha nena moi moi valente”
CONTACONTOS: Trémola Teatro
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 1 marzo 2024

"La princesa rebelde" de Anna Kemp, ilustrado por Sara OgilvieRecomendacións en Radioleiros: 1 marzo 2024- Infantil (crianzas a partir de 4 anos):
"La princesa rebelde" de Anna Kemp, ilustrado por Sara Ogilvie. Editado por Blume.

Susana é unha princesa que leva deportivas, xoga co seu ioió amarelo e sobre todo abúrrese mentras espera, na balconada do castelo de seu pai,  a chegada dese príncipe azul do que todo o mundo lle fala: cando o príncipe aparece, ela, emocionada, monta no cabalo confiando nun futuro cheo de sorpresas pero sobre todo de aventuras. Menuda decepción cando a aventura máis emocionante é escoller un vestido novo cada día! Susana non se conformará, e buscará unha solución...

"Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan
- Mocidade e persoas adultas:
"Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan. En Anagrama.

Dispoñible en eBiblio

Un thriller cargado de crítica social, que toca temas delicados e actuais sobre o mundo irreal dos influencers e as-os súas-seus seguidoras-es, a sobreexposición de menores e a utilización destas-es nas redes. Unha historia amena pero desapiadada, na que as protagonistas son dúas mulleres moi diferentes entre si, pero que o rapto da filla dunha delas serve para que acheguen posicións.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 4 a 8 de marzo 2024

Actividades de promoción da lectura: 4 a 8 de marzo 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 4 a 8 de marzo:

Luns 4 de marzo:
- 10:20 alumnado de 1º de EP e 12:10 alumnado de 2º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Preparados, listos, xa!" con Ramiro Neira.

Martes 5 de marzo:
- 10:00 alumnado de 3º de EP e 11:00 alumnado de 4º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"/as: contos pola igualdade" con Ramiro Neira.
Mércores 6 de marzo:
- 10:15 alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Contos pola igualdade" con Ramiro Neira.
Xoves 7 de marzo:
- 10:30 alumnado de 4º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Riciños de ouro e os tres osos" con Trinke Trinke Teatro.
Venres 8 de marzo:
- 10:15 alumnado de 5º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"O avó" con Ramiro Neira.

Xoves 7 de marzo:
- 10:15 e 11:30 alumnado de 3º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contos pola igualdade" con Ramiro Neira.

1/3/24

Ler para saber A CIENCIA: 1 de marzo 2024

Ler para saber A CIENCIA: 1 de marzo 2024
Sebastián Losada Figueiras na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), venres 1 de marzo 2024Charla de divulgación científica dirixida á 
poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

Día: Venres, 1 de marzo.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Hora: 18:30 h.

A importancia da conservación dos océanos
Sebastián Losada Figueiras. Licenciado en Ciencias do Mar. Ecoloxista e activista. Asesor de Greenpeace Internacional.
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

27/2/24

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 28 febreiro 2024 (Grupo B)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas.

Comentario de "Ninguén queda" de Brais Lamela.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El grupo" de Mary McCarthy.

26/2/24

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 27 febreiro 2024 (Grupo A)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.

Sesión moderada pola profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.

Comentario de "Dos arquivos do trasno" de Rafael Dieste
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Leña menuda" de Marta Barrio.

24/2/24

Presentación da obra "De entre as tebras" de Alex Pernas: 29 febreiro 2024

Xoves 29 de febreiro ás 19 h.

Intervirán: o autor Alex Pernas e escritor Alfonso Ricoy Devesa.

De entre as tebras é unha obra de relatos que, partindo dos seres e lugares da mitoloxía de Galicia, amosa o máis escuro da condición humana nuns textos nos que nada é o que semella.

A través de diferentes épocas e viaxando entre o urbano e o rural, fai un percorrido polo territorio galego escoitando, na propia voz de moitas das protagonistas e cos trazos dialectais que as caracterizan, a realidade que hai detrás dos contos de demos, trasnos, espíritos e meigas.

Alex Pernas desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software. No ámbito cultural formou parte de varias formacións musicais, estando na actualidade na banda de metal Oymyakon. De entre as tebras é o seu terceiro libro, despois da publicación da novela Xarfas e do libro de relatos A Paga.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

23/2/24

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro en Bibloleiros
Ese amor que ela aqueceu e proxectou é un alento que aínda hoxe mapea horizontes, abre porvires e renace día a día en cada persoa que levanta a cabeza para que Galiza exista, nun mundo mellor, diverso e igualitario. Un mundo, en fin, máis rosaliano. Do manifesto Rosalía: o amor da patria galega de Carlos Callón para a AELG.
O 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento. Rosalía de Castro é un símbolo para o pobo galego, unha das grandes poetas da literatura galega e española do século XIX e unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. Un ano máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros xuntámonos á iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  e celebramos o aniversario do nacemento da autora. A  AELG propón á cidadanía desde 2010 que agasalle un libro en galego e unha flor. O lema escollido para este 2024 foi #oamordapatriagalega.
En 2024 Carlos Callón foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, (sábado 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, Santiago de Compostela). Podes ler o manifesto nesta ligazón e ao carón da expo adicada á Rosalía de Castro no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Actividades en Bibloleiros para conmemorar este día:
Xoves 22 de febreiro, ás 18:30, sesión de contacontos para crianzas a partir de 5 anos a cargo de Antón Ke titulada "Cantares gallegos ao ukelele".
Exposición de libros e cedés musicais "Por un mundo + rosaliano".
Día de Rosalía 2024 na Biblioteca "Rosalía de Castro" (Santa Cruz)
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): as crianzas de 5 anos en adiante poden gozar dunha sesión da Hora do conto adicada a Rosalía o mércores 21 de febreiro ás 18:30 a cargo de Trémola Teatro titulada "A miña historia".
Actividade “Rosalízate” cun “caldiño de groria” a base de poemas de Rosalía.
- Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera): Mostra bibliográfica da obra rosaliana.
Día de Rosalía 2024 na Biblioteca "Manuel María" (Oleiros)
- Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros): do 19 ao 29 de febreiro, mostra bibliográfica para todos os públicos “23 de febreiro, Día de Rosalía” con obras de Rosalía de Castro. Actividade para o público infantil “Pintamos a Rosalía”, no que as crianzas poderán colorear o retrato de Rosalía de Castro. Con todos os debuxos farase un mural.
- Biblioteca Municipal "Mª José Ruso" (Dorneda): Mostra "Por sempre Rosalía", coa obra de Rosalía e doutros autores que lle adican o seu especial homenaxe a través da música ou a fotografía. As crianzas disporán de diversos pasatempos para xogar e aprender sobre a autora.
- Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós), as crianzas de 2 a 4 anos poderán gozar da sesión "Rosalía pequena" con Ramiro Neira, o venres 23 de febreiro ás 18:30. Exposición de libros infantís de e sobre Rosalía, marcapáxinas para pintar a Rosalía e pasatempos.
- Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé): Expo de recursos bibliográficos de e sobre Rosalía de Castro. Debuxos para colorear cunha pequena biografía de Rosalía para repartir ás crianzas.