30/10/21

Hora do conto e actividades infantís: 2 a 5 de novembro 2021

Hora do conto e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Martes 2 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Dada o duende"

Mércores 3 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos de tesouros"

Xoves 4 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
TÍTULO: “Contos diversos"

Venres 5 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Que medo!!!"
 
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

29/10/21

Recomendacións en Radioleiros: 29 outubro 2021

- Infantil-xuvenil (nenas-os a partir de 8 anos): "Mortiña: unha historia para esmendrellarse de risa" de Barbara Cantini. Editado por Hércules. Mortiña é unha nena singular, ela pensa que é totalmente normal pero o feito de que a súa tía Defuntiña non a deixe ir xogar coas outras-os nenas-os do vecindario ou que nen sequera deixe que a vexan, faille pensar que tal vez teña algo raro. O certo é que Mortiña é unha nena zombi. A súa pel ten unha palidez cadavérica, tirando a gris verdosa. Os seus ollos son redondos e saltóns e despois está aquel pequeno detalle de que pode separar partes do seu corpo como se fose unha boneca.
Que inventará Mortiña para poder xogar coas outras nenas e nenos sen que se decaten de que é unha zombi de verdade?
 
- Mozas-os e adultas-os:
"El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Țîbuleac. En Impedimenta.
Escrita a modo de diario de confesión, Alesky lembra aquel momento no que a súa nai lle pide que pase un verán con ela en Francia tras ser diagnosticada de cancro. Por aquel entonces, Alesky era un xove que acababa de saír dunha institución psiquiátrica e odiaba profundamente a súa nai. Pouco a pouco, nai e fillo irán atopándose e achegándose facendo que as súas vidas cambien para sempre.
Unha historia íntima e intimista que removerá conciencias.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Galeatro na Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 28/10/2021

Gravación do espectáculo "Entre bechos anda o conto" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 28 de outubro a cargo de Galeatro
 
Podes vela (ata as 12:15 do 31/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeGaleatro!

28/10/21

Miguel A. Alonso Diz na Hora do conto na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 27/10/2021

Gravación do espectáculo "Contos que quero contar" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 27 de outubro a cargo de Miguel A. Alonso Diz
 
Podes vela (ata as 12:15 do 30/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeMiguelAlonsoDiz!

27/10/21

Eis o vídeo “Descubrindo cousas alén das Torres” na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Aproveitando o lema deste ano para conmemorar o Día das Bibliotecas, “Ler, aprender, descubrir”, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) durante as tres últimas semanas de outubro estamos realizando a actividade “Descubrindo cousas alén das Torres” para poñer en alza estes valores: abriremos as portas e as fiestras das Torres para que sexa a biblioteca a que vaia ata as usuarias e usuarios que queiran participar. 

Eis o vídeo coas gravacións realizadas no exterior da biblioteca nas que participaron algunhas-algúns das-dos usuarias-os que devolveron  libros entre o 11 e o 20 de outubro. Contáronnos o que descubriron coas lecturas feitas nas súas casas. Podes ver na biblioteca a expo cos libros que leron as persoas que participaron nas gravacións.

24/10/21

“Biblioteca feita novela” para o Día das Bibliotecas (24 de outubro) en Rialeda (Perillo)

De bibliotecas privadas de escritoras-es, de bibliotecas de exemplares que nunca foron editados, de bibliotecas clandestinas, de enigmáticas bibliotecas familiares, de caóticas bibliotecas que esconden certa orde, de raíñas que buscan a lectura nun humilde bibliobús, de anónimas bibliotecarias que convidan a probar as boas lecturas, de bibliotecas fantásticas, entre outras moitas, van estas obras que presentamos en "Biblioteca feita novela"

Unha expo de libros para que celebres connosco o 24 de outubro, adicado a estes marabillosos lugares poboados de libros e historias e ás xentes que traballan nelas. 

As bibliotecas son lugares cun magnetismo especial que sendo sempre continente brincan de cando en vez ás páxinas dos libros para seren historias que atrapan a nosa atención e minguan o noso sono. 

Agardamos que esta escolma sexa do teu agrado e convidámoste a perderte entre os corredores da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e sentir o borboriñar das voces agochadas entre cuberta e contracuberta.

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 27 outubro 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Una educación, de Tara Westover
Documentación

Seguinte lectura: La tribuna, de Emilia Pardo Bazán

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 26 outubro 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de As voces baixas, de Manuel Rivas
Documentación

Seguinte lectura: Unha casa en Amargura, de Elisa Vázquez de Gey

22/10/21

Hora do conto e actividades infantís: 27 a 29 de outubro 2021

Hora do conto e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.
 
Mércores 27 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
TÍTULO: “Contos que quero contar"

Xoves 28 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Galeatro
TÍTULO: “Entre bechos anda o conto"

Venres 29 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Contos para a paz"

                                                        AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Ramiro Neira na Hora do conto na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) 21/10/2021

Gravación do espectáculo "Contos de outono" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) o 21 de outubro a cargo de Ramiro Neira.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 24/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeRamiro!

Moc Moc-MeRe Clown na Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 21/10/2021

Gravación do espectáculo "Os contos do avó: lendas e historias de Galicia" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 21 de outubro a cargo de Moc Moc-MeRe Clown.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 24/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeMocMoc!

Recomendacións en Radioleiros: 22 outubro 2021

- Infantil (a partir de 6 anos):

Rapunzel con piollos, de El Hematocrítico. Ilustrado por Mar Villar
Xerais, 2019  

Este divertido conto protagonizado por Rapunzel non é para nada un conto clásico. A historia comeza cunha conversa entre a princesa e o seu pai na que a rapaza amosa o seu malestar por ter que levar o pelo tan longo, pero o rei insiste en que é algo totalmente necesario para poder fuxir en caso de secuestro. De súpeto, salta unha alarma no castelo, un perigo inminente ameaza á princesa. Ninguén se atreve a pronunciar o seu nome pero a realidade é que o castelo está sendo asaltado por... piollos!!

- Mozas/os e adultas/os:       

Nuestros inesperados hermanos, de Amin Maalouf
Alianza Editorial, 2020

Esta historia fala dunha realidade moi posible, sobre todo despois de ter vivido algo tan inesperado como unha pandemia mundial. Resulta que un día o planeta se queda a escuras porque un apagón súbito elimina todas as comunicacións. Que pasou? Un cataclismo, un conflito nuclear, un atentado a gran escala? Que ocurriu nas illas cercanas, na costa, no resto do país e no planeta? Non hai internet, nin televisión, nin radio. Absolutamente nada. Unha sociedade que trancorre paralela a nós e moito máis avanzada poñerá todo o coñecido ata o de agora do revés.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/10/21

Eduvía na Hora do conto na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 20/10/2021

Gravación do espectáculo "Animaliños" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 20 de outubro a cargo de Eduvía.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 23/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeEduvía!

 

“As bibliotecas nos libros” para o Día das Bibliotecas (24 de outubro) na Biblioteca Ánxel Fole (Nós)

O 24 de outubro para celebrar o Día das Bibliotecas, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) contaremos cunha exposición de libros para usuarias-os de todas as idades coa temática das bibliotecas titulada "As bibliotecas nos libros"

Agasallaremos ás-aos máis pequenas-os con marcapáxinas para colorear e teremos pasatempos para que as-os cativas pasen uns intres divertidos.

20/10/21

“Cita a cegas cun libro” para o Día das Bibliotecas (24 de outubro) na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) e na Biblioteca Mª José Trincado (Mera)

Para conmemorar o Día das Bibliotecas, a Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) e a Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) convídante a unha "Cita a cegas cun libro": libros sorpresa e unhas poucas pistas para poder facer a escolla. 

Presentaremos unha escolma de títulos en forma de paquetes postais con só unhas pistas sobre o seu contido para que as-os lectoras-es podan facer a súa selección. Os libros teñen que ser prestados no seu envoltorio para manter a curiosidade ata o final. Serán obras para todos os públicos: fondo infantil, xuvenil e de adultas-os. 

Déixate levar pola curiosidade, fai a túa escolla e sorpréndete!