14/6/19
Claudia González Caparrós presenta os seus poemarios en Rialeda
O mércores 19 de xuño ás 20.00 horas na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), terá lugar a presentación dos poemarios de Claudia González Caparrós.Claudia González Caparrós naceu na Coruña no ano 1993. É graduada en Estudios Literarios pola Universitat de Barcelona e obtivo o Máster en Historia del Arte Contemporáneo y Cultura Visual pola Universidad Autónoma de Madrid e en Literaturas Hispánicas na Indiana University.
É autora dos poemarios "Si la carne es hierba (Sully Morland)", áccesit VIII Premio de Poesía Joven Pablo García Baena, no ano 2015, e "Te miro como quien asiste a un deshielo" (2018), ambos publicados en La Bella Varsovia.
Participou no Festival Cosmopoética en 2015 e Marpoética no 2019 e na Feira do Libro de Madrid en 2018 e 2019.
Tamén traduciu ao galego a plaquette "Este é o agasallo que lle dou ao meu corpo" (2018), de Robin Myers, publicado pola editorial Tulipa.
Os seus poemas apareceron en revistas literarias como Nayagua ou Años Diez.

Recomendacións en Radioleiros: 14 xuño 2019
- Infantil (a partir de 10 anos):"Marlon, el camaleón daltónico" de Carlos Matera e Isabel Arjona; ilustracións de Matt. Editado por Anaya.
Marlon, é un camaleón un tanto especial, porque Marlon é daltónico. Se fose calquera outro animal, isto non sería un gran problema senón só unha diversidade, pero para alguén que depende das cores para mimetizarse resulta un serio obstáculo.
O respecto pola diversidade, a potenciación da autoestima, da creatividade, a iniciativa, o valor da familia e da amizade, a loita contra o conformismo e un gran premio, o da orixinalidade, temas que poden servir a nais-pais e educadoras-es no desenvolvemento emocional e cognitivo das-os nenas-os, e na capacidade para distinguir entre os seus propios pensamentos e os dos demáis, é dicir, que cada unha-un pode expresar as súa ideas pero tamén escoitar as das demáis persoas.
- Mozas-os e adultas-os:
"Siete plantas" de Dino Buzzati. En Nórdica.
Giuseppe Corte, chega unha mañá de marzo, á flamante clínica onde se traslada afectado dunha certa doenza que tan só tratan neste hospital. Desde lonxe, puido contemplar o edificio branco de sete pisos, que xa coñecía por un folleto publicitario co que contratara a súa estadía nel: o aspecto certamente era dun hotel.
Unha crítica feroz sobre a complicada maquinaria da sanidade encargada de velar pola saúde das-os doentes.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
13/6/19
Tertulia literaria en Rialeda: títulos máis valorados 2018-2019
Ofreceronse 22 lecturas de autores/as galegos/as, españois e internacionais.
Eis os 5 mellor valorados en cada grupo:
Grupo A:
Grupo A:

1º) Nosotros en la noche, de Kent Haruf
2º) Los restos del día, de Kazuo Ishiguro
3º) Hijos del ancho mundo, de Abraham Verghese
4º) Astrid y Veronika, de Linda Olsson
5º) La ley del menor, de Ian McEwan
Grupo B:
1º) Astrid y Veronika, de Linda Olsson
2º) Mil soles espléndidos, de Khaled Hosseini
3º) El ferrocarril subterráneo, de Colson Whitehead
4º) Del color de la leche, de Nell Leyshon
5º) Volver a casa, de Yaa Gyasi
Agradecemos unha vez máis a fidelidade das/dos participantes nesta actividade.
Emprazamosvos para a vindeira tempada que empezará en outubro.
10/6/19
Tertulia literaria en Rialeda: 12 xuño 2019 (Grupo B). Remate da tempada
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)17,30 a 19,30 h.
Comentario de "El ferrocarril subterráneo" de Colson Whitehead
Documentación
Con esta sesión remata a tempada nesta actividade. Grazas ás/aos participantes pola súa fidelidade.
Tertulia literaria en Santa Cruz: 10 xuño 2019. Remate da tempada
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"17,30 a 19 h.
Comentario de "Por favor, cuida de mamá" de Kyung-sook Shin
Con esta sesión remata a tempada nesta actividade.
Grazas ás/aos participantes pola súa fidelidade.
7/6/19
Recomendacións en Radioleiros: 7 xuño 2019
Monstros na escuridade, de Kalle Güettler, Rakel Helmsdal e Áslaug Jónsdóttir
Sushi Books
Este conto forma parte da colección na que os protagonistas sempre son Monstro Grande e Monstro Pequeno. Son historias que poden axudar aos máis pequenos e pequenas a xestionar ou identificar certas emocións ou sentimentos que ás veces non entenden.
Monstro Pequeno está só na casa e de súpeto escoita un ruído no tellado. Empeza a imaxinarse as peores situacións: uns malvados ladróns, unha fera salvaxe, serpes, arañas... ai!!... e el soíño na casa!! Óense uns petos na porta e cando vai ver ponse contentísimo porque é o seu amigo Monstro Grande... que ben! El non ten medo a nada. Ata que escoitan un grande estrondo na ventá e ven... un Ogro!!
- Mozas/os e adultas/os:
La ciudad blanca, de Karolina RamqvistAnagrama
Un thriller psicolóxico que é o retrato dunha muller desesperada.
Karin era a muller de John, un home que se adicaba a negocios turbios. Ao seu lado levaba unha vida luxosa e despreocupada. Acababan de ser pais da pequena Dream cando John desaparece, e con el desaparecera tamén esa vida de excesos. As autoridades informárona de que en poucos días todos os seus bens, mesmo a casa na que vivía coa súa bebé, serían confiscados. Todos os antigos compinches de John que creía amigos danlle a espalda e néganlle todo tipo de axuda.
Enfrentámonos a unha historia na que, por riba de todo, o que prevalece é a soidade e o desamparo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
3/6/19
Tertulia literaria en Rialeda: 5 xuño 2019 (Grupo A). Remate da tempada
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)18 a 20 h.
Comentario de "La ley del menor" de Ian McEwan
Documentación
Con esta sesión remata a tempada nesta actividade. Grazas ás/aos participantes pola súa fidelidade.
31/5/19
Recomendacións en Radioleiros: 31 maio 2019
- Infantil (nenas-os a partir de 5 anos):"Bromas na escuridade" de Daniela Kulot. En Kalandraka.
A lebre Herminia, o verme Ringo e o oso Baldo deciden ir pasar a noite á casa dun deles. O punto de partida do relato son tanto os nervios dos hóspedes, pais e fillos, como a hospitalidade dos anfitrións, tema este moi importante para calmar as inquedanzas. De seguido a cea, o aseo, o xogo e o conto antes de durmir forman parte dunha divertida dinámica recorrente, que lles serve de apoio aos pequenos para sentirse máis seguros. E chega a hora de apagar a luz e durmir, entón Ringo decide prender unha lanterna e xogar ás sombras na parede. É agora cando a escuridade e por que non tamén un pouco a suxestión… xógalles unha mala pasada.
- Mozas-os e adultas-os:
"A hora de espertarmos xuntos" de Kirmen Uribe, traducida ao galego por Isaac Xubín, editado por Xerais.
A partir dunha pintura do pintor Antonio Gezala, o autor tece unha histora sobre o amor, a
liberdade e o exilio, un verdadeiro retrato histórico que comeza da man dunha familia do País Vasco ata converterse en universal. A Karmele Urresti, a Guerra Civil sorpréndea en Ondarroa, non foxe ao exilio senón que decide quedar curando feridos e tratando de liberar o seu pai. Rematada a guerra ten que exiliarse en París, onde coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi, amigo de Manu Sota, o tercer piar da novela, e fillo menor do industrial vasco Ramón de la Sota. Mentras tanto Karmele e Txomin coa chegada dos nazis a París partirán a Venezuela. Alí serán visitados polo lehendakari Aguirre que os convence para que se metan nos servizos secretos vascos que traballan para a intelixencia estadounidense. Todos cren que os días do ditador están contados…
"A hora de espertarmos xuntos" de Kirmen Uribe, traducida ao galego por Isaac Xubín, editado por Xerais.
A partir dunha pintura do pintor Antonio Gezala, o autor tece unha histora sobre o amor, a
liberdade e o exilio, un verdadeiro retrato histórico que comeza da man dunha familia do País Vasco ata converterse en universal. A Karmele Urresti, a Guerra Civil sorpréndea en Ondarroa, non foxe ao exilio senón que decide quedar curando feridos e tratando de liberar o seu pai. Rematada a guerra ten que exiliarse en París, onde coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi, amigo de Manu Sota, o tercer piar da novela, e fillo menor do industrial vasco Ramón de la Sota. Mentras tanto Karmele e Txomin coa chegada dos nazis a París partirán a Venezuela. Alí serán visitados polo lehendakari Aguirre que os convence para que se metan nos servizos secretos vascos que traballan para a intelixencia estadounidense. Todos cren que os días do ditador están contados…
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
30/5/19
Expo de Siri Hustvedt en Bibloleiros
A escritora Siri Hustvedt foi merecedora do Premio Princesa de Asturias 2019 das Letras. A Biblioteca Rialeda (Perillo) e a Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) presentan as súas obras en senllas expos, agardando que goces coa lectura dos seus libros. A dicir do xurado deste galardón, "a súa obra é unha das máis ambiciosas do panorama actual das letras. Incide nalgúns dos aspectos que debuxan un presente convulso e descougante, desde unha perspectiva de raíz feminista. E faino desde a ficción e o ensaio, como unha intelectual preocupada polas cuestións fundamentais da ética contemporánea. Traducida a máis de trinta idiomas, contribúe coa súa obra ao diálogo interdisciplinar entre as humanidades e as ciencias".
Siri Hustvedt foi protagonista no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) e a súa obra "Todo cuanto amé", obxecto de análise nas tertulias literarias da Biblioteca Rialeda e Santa Cruz.
Os seus libros, "El verano sin hombres" e "Elegía para un americano", recomendáronse no espazo radiofónico Todo está nos libros da emisora municipal Radioleiros.
Os seus libros, "El verano sin hombres" e "Elegía para un americano", recomendáronse no espazo radiofónico Todo está nos libros da emisora municipal Radioleiros.
29/5/19
Club de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda: 31 maio 2019
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades) 18,30 a 20 h.
Comentario de "La sangre de los elfos" de Andrzej Sapkowski
Documentación
Con esta sesión remata a actividade. Grazas ás/aos participantes pola súa fidelidade.
28/5/19
Tertulia literaria en Rialeda: 29 maio 2019 (Grupo B)
17,30 a 19,30 h.
Comentario de "As voces baixas" de Manuel Rivas
Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño.
Documentación
Última lectura: "El ferrocarril subterráneo" de Colson Whitehead
27/5/19
Tertulia literaria en Santa Cruz: 27 maio 2019
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"17,30 a 19 h.
Comentario de "A esmorga" de Eduardo Blanco Amor
Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galega Pepe Taboada.
Última lectura: "Por favor, cuida de mamá" de Kyung-sook Shin
24/5/19
Recomendacións en Radioleiros: 24 maio 2019
O desexo de coello, de Ramona Badescu e ilustrado por Delphine Durand
Tambre
Resulta que coello, un tenro animaliño de cor laranxa, cunhas orellas tan grandes como os pés e unha mirada que derrete os corazóns máis duros, ten un desexo. Un desexo pequerrecho, de cor rosa, lixeiro, fermoso e tan bulideiro que no para quedo. Escápase por todos os lados da casa e non hai xeito de atrapalo para podelo descifrar.
Cando unha boa escritora se xunta cunha moi boa ilustradora saen cousas tan estupendas como este conto, co que se pode disfrutar tanto da historia como das ilustracións.
- Mozas/os e adultas/os:
A voda, de Carson McCullersXerais
Aos seus 12 anos Frankie buscaba pertencer a algures, sentíase desprazada e pensaba que era o ser máis solitario da terra, que todos os demáis tiñan unha vida feliz e apaixoante. A noticia da inminente voda do seu irmán será o desencadeante do grande cambio de Frankie, que se irá transformando a medida que avanza a narración.
Para entender a obra de McCullers, hai que achegarse á súa vida. Unha vida chea de grandes doenzas físicas e emocionais que só aliviaba a escritura, como ela mesma declaraba :
“Non me gustaría vivir se non puidese escribir… a escritura non é só o xeito de gañarme a vida, é como me gaño a miña alma”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)