14/6/19

Claudia González Caparrós presenta os seus poemarios en Rialeda

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30474.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30474.pdfO mércores 19 de xuño ás 20.00 horas na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), terá lugar a presentación dos poemarios de Claudia González Caparrós.

Claudia González Caparrós naceu na Coruña no ano 1993. É graduada en Estudios Literarios pola Universitat de Barcelona e obtivo o Máster en Historia del Arte Contemporáneo y Cultura Visual pola Universidad Autónoma de Madrid e en Literaturas Hispánicas na Indiana University. 
É autora dos poemarios "Si la carne es hierba (Sully Morland)", áccesit VIII Premio de Poesía Joven Pablo García Baena, no ano 2015, e "Te miro como quien asiste a un deshielo" (2018), ambos publicados en La Bella Varsovia.
Participou no Festival Cosmopoética en 2015 e Marpoética no 2019 e na Feira do Libro de Madrid en 2018 e 2019.
Tamén traduciu ao galego a plaquette "Este é o agasallo que lle dou ao meu corpo" (2018), de Robin Myers, publicado pola editorial Tulipa.
Os seus poemas apareceron en revistas literarias como Nayagua ou Años Diez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario