O desexo de coello, de Ramona Badescu e ilustrado por Delphine Durand
Tambre
Resulta que coello, un tenro animaliño de cor laranxa, cunhas orellas tan grandes como os pés e unha mirada que derrete os corazóns máis duros, ten un desexo. Un desexo pequerrecho, de cor rosa, lixeiro, fermoso e tan bulideiro que no para quedo. Escápase por todos os lados da casa e non hai xeito de atrapalo para podelo descifrar.
Cando unha boa escritora se xunta cunha moi boa ilustradora saen cousas tan estupendas como este conto, co que se pode disfrutar tanto da historia como das ilustracións.
- Mozas/os e adultas/os:
A voda, de Carson McCullers
Xerais
Aos seus 12 anos Frankie buscaba pertencer a algures, sentíase desprazada e pensaba que era o ser máis solitario da terra, que todos os demáis tiñan unha vida feliz e apaixoante. A noticia da inminente voda do seu irmán será o desencadeante do grande cambio de Frankie, que se irá transformando a medida que avanza a narración.
Para entender a obra de McCullers, hai que achegarse á súa vida. Unha vida chea de grandes doenzas físicas e emocionais que só aliviaba a escritura, como ela mesma declaraba :
“Non me gustaría vivir se non puidese escribir… a escritura non é só o xeito de gañarme a vida, é como me gaño a miña alma”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario