31/5/19

Recomendacións en Radioleiros: 31 maio 2019

https://youtu.be/0mL_e27BQfghttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1447572&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (nenas-os a partir de 5 anos):
"Bromas na escuridade" de Daniela Kulot. En Kalandraka.
A lebre Herminia, o verme Ringo e o oso Baldo deciden ir pasar a noite á casa dun deles. O punto de partida do relato son tanto os nervios dos hóspedes, pais e fillos, como a  hospitalidade dos anfitrións, tema este moi importante para calmar as inquedanzas.  De seguido a cea, o aseo, o xogo e o conto antes de durmir forman parte dunha divertida dinámica recorrente, que lles serve de apoio aos pequenos para sentirse máis seguros. E chega a hora de apagar a luz e durmir, entón Ringo decide prender unha lanterna e xogar ás sombras na parede. É agora cando a escuridade e por que non tamén un pouco a suxestión… xógalles unha mala pasada.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"A hora de espertarmos xuntos" de Kirmen Uribe, traducida ao galego por Isaac Xubín, editado por Xerais.
A partir dunha pintura do pintor Antonio Gezala, o autor tece unha histora sobre o amor, a
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1250930&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE liberdade e o exilio, un verdadeiro retrato histórico que comeza da man dunha familia do País Vasco ata converterse en universal. A Karmele Urresti, a Guerra Civil sorpréndea en Ondarroa, non foxe ao exilio senón que decide quedar curando feridos e tratando de liberar o seu pai. Rematada a guerra ten que exiliarse en París, onde coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi, amigo de Manu Sota, o tercer piar da novela, e  fillo menor do industrial vasco Ramón de la Sota. Mentras tanto Karmele e Txomin coa chegada dos nazis a París partirán a Venezuela. Alí serán visitados polo lehendakari Aguirre que os convence para que se metan nos servizos secretos vascos que traballan para a intelixencia estadounidense. Todos cren que os días do ditador están contados…

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/5/19

Expo de Siri Hustvedt en Bibloleiros

http://www.fpa.es/es/premios-princesa-de-asturias/premiados/2019-siri-hustvedt.html?texto=trayectoria&especifica=0
A escritora Siri Hustvedt foi merecedora do Premio Princesa de Asturias 2019 das Letras. A Biblioteca Rialeda (Perillo) e a Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) presentan as súas obras en senllas expos, agardando que goces coa lectura dos seus libros. A dicir do xurado deste galardón, "a súa obra é unha das máis ambiciosas do panorama actual das letras. Incide nalgúns dos aspectos que debuxan un presente convulso e descougante, desde unha perspectiva de raíz feminista. E faino desde a ficción e o ensaio, como unha intelectual preocupada polas cuestións fundamentais da ética contemporánea. Traducida a máis de trinta idiomas, contribúe coa súa obra ao diálogo interdisciplinar entre as humanidades e as ciencias".
Siri Hustvedt foi protagonista no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) e a súa obra "Todo cuanto amé", obxecto de análise nas tertulias literarias da Biblioteca Rialeda e Santa Cruz. 
Os seus libros, "El verano sin hombres" e "Elegía para un americano", recomendáronse no espazo radiofónico Todo está nos libros da emisora municipal Radioleiros.

28/5/19

Tertulia literaria en Rialeda: 29 maio 2019 (Grupo B)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-29344.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias?updated-max=2019-03-11T08:15:00%2B01:00&max-results=20&start=20&by-date=falseBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "As voces baixas" de Manuel Rivas
Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Última lectura: "El ferrocarril subterráneo" de Colson Whitehead

24/5/19

Recomendacións en Radioleiros: 24 maio 2019

https://youtu.be/43xRwUsJWUE
- Infantil (menores de 6 anos):

O desexo de coello, de Ramona Badescu e ilustrado por Delphine Durand
Tambre

Resulta que coello, un tenro animaliño de cor laranxa, cunhas orellas tan grandes como os pés e unha mirada que derrete os corazóns máis duros, ten un desexo. Un desexo pequerrecho, de cor rosa, lixeiro, fermoso e tan bulideiro que no para quedo. Escápase por todos os lados da casa e non hai xeito de atrapalo para podelo descifrar.

Cando unha boa escritora se xunta cunha moi boa ilustradora saen cousas tan estupendas como este conto, co que se pode disfrutar tanto da historia como das ilustracións.

- Mozas/os e adultas/os:

A voda, de Carson McCullers
Xerais

Aos seus 12 anos Frankie buscaba pertencer a algures, sentíase desprazada e pensaba que era o ser máis solitario da terra, que todos os demáis tiñan unha vida feliz e apaixoante. A noticia da inminente voda do seu irmán será o desencadeante do grande cambio de Frankie, que se irá transformando a medida que avanza a narración.

Para entender a obra de McCullers, hai que achegarse á súa vida. Unha vida chea de grandes doenzas físicas e emocionais que só aliviaba a escritura, como ela mesma declaraba :
“Non me gustaría vivir se non puidese escribir… a escritura non é só o xeito de gañarme a vida, é como  me gaño a miña alma”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/5/19

Hora do conto e actividades infantís: 23 de maio 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 23 de maio, ás 17:30
Para nenas-os de 8 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
MONITORADO: Asociación Participa para la Inclusión Social
ACTIVIDADE: “Planeta animal”

Planeta animal é unha actividade de montaxe colectiva (con material de reciclaxe) de figuras de distintos animais, reais e imaxinarios.

Tertulia literaria en Rialeda: 22 maio 2019 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30315.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Los restos del día" de Kazuo Ishiguro
Documentación

Seguinte lectura: "La ley del menor" de Ian McEwan

Actividades de promoción da lectura: 21 e 22 de maio 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, 21 e 22 de maio:

Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 21 de maio:
- 10:00: Alumnas-os de 2º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Cun ollo aberto e outro sen cerrar" con Ramiro Neira.


Martes 22 de maio: 
- 9:30 e 11:35: Alumnas-os de 5º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera). 
"Taller de banda deseñada" con Xosé Tomás.

11/5/19

Día das Letras Galegas 2019, adicado a Antonio Fraguas, en Bibloleiros


https://academia.gal/letras-actual
- Actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino de Oleiros
- Antonio Fraguas: a memoria dun pobo, a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.
Peza de narración oral na que se mestura a vida de Antón Fraguas con relatos da cultura campesiña, as festas e as romarías populares, as cantigas, as crenzas e os costumes que aparecen nas súas obras. 
14 de maio, ás 10:30 para alumnas-os de 2º e 3º de ESO e ás 12:00 para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
- As Letras das Letras, a cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza.
Esta actividade pretende aproximar algunhas das grandes figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas desde o ano 1963 ao 2000, facendo unha homenaxe “á carta”, cunha escolma de textos recitados ou narrados dunha selección destes autores e autoras. 
15 de maio, ás 10:00 para alumnado de 5º e 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
 
- Actividades de promoción da lectura para público infantil fóra de horario escolar
Contacontos para nenas e nenos a partir de 3 anos. O aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca onde se realiza a actividade, ben de forma presencial, ben telefonicamente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización da actividade.
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) tlf.: 981 626 638
Luns, 13 de maio, ás 18:30, “Unha noite no muíño... (Lembrando a Antonio Fraguas)”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Caxoto.
- Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros) tlf.: 981 610 700
Martes, 14 de maio, ás 18:30 “O cataventos e outras historias de Vilaxeada”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos con Charo Pita.
- Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) tlf.: 981 626 338
Mércores, 15 de maio, ás 18:30, “De Agustín a Fina pasando por Xabier”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Ramiro Neira.
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo) tlf.: 981 639 511
Xoves, 16 de maio, ás 18:30, “A pereira de ouro e outras historias" contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Soledad Felloza.
- Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) tlf.: 981 618 201
Xoves, 16 de maio, ás 18:30, “Letras no aire para contos na terra”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos, a cargo de Paula Carballeira.

- En todas as bibliotecas, exposicións e mostras bibliográficas con obras de Antonio Fraguas e ensaios sobre este autor, así como libros de etnografía, antropoloxía, festas populares e costumes de Galicia. Para o público infantil, encrucillados e outros pasatempos sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

10/5/19

Hora do conto e actividades infantís: 13 a 16 de maio 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Todas as sesións serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 13 de maio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638) 
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Unha noite no muíño... (Lembrando a Antonio Fraguas)"

 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 14 de maio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700) 
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “O cataventos e outras historias de Vilaxeada”


Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 15 de maio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “De Agustín a Fina pasando por Xabier”

 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 16 de maio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A pereira de ouro e outras historias"

 

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 16 de maio
Celebramos o Día das Letras Galegas
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)  
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Letras no aire para contos na terra”

Actividades de promoción da lectura: de 13 a 15 de maio 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 13 a 15 de maio:
Luns 13 de maio:
- 10:15: Alumnas-os de 1º de EP
e ás 11:30 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Cores e persoas", con Trinke Trinke.
Martes 14 de maio: 
- 10:15: Alumnas-os de 2º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo). 
"Cores e persoas", con Trinke Trinke.
Mércores 15 de maio:
- 10:00: Alumnas-os de 5º e 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"As letras das Letras"con Soledad Felloza.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 14 de maio:
- 10:30: Alumnas-os de 2º e 3º de ESO e ás 12:00 alumnas-os de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Antonio Fraguas: a memoria dun pobo" con Ramiro Neira.