1/4/16

Hora do conto e obradoiros infantís de 6 a 8 de abril de 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23314.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 6 de abril
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Xan Xarranxán”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 7 de abril
Para nenas-os maiores de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
MONITORADO: Viravolta Títeres
ACTIVIDADE: “Obradoiro de papiroflexia”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 8 de abril
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Cambio e conto: aventuras para medrar”


Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

Recomendacións en Radioleiros: 1 abril 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1192910- Xuvenil (maiores de 12 anos):

El misterio del cuadro robado : la gran aventura de Marvin y James, de Elise Broach
Siruela

Marvin é un inquedo escaravello que vive coa súa familia debaixo do vertedoiro da cociña da familia Pompaday, un sitio perfecto para vivir, pero non para Marvin que sempre desexou saber qué podía atopar máis aló do seu húmido e balorento fogar. A súa amizade con James, un dos membros da familia, levarao a vivir e resolver misterios e aventuras relacionadas co roubo dun cadro de Alberto Durero.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1200760&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20tes%20ata%2010%20castroTes ata as dez, de Francisco Castro
Galaxia

A historia ten o seu inicio o mesmo día en que Toni, o principal protagonista do libro, enterra a seu pai en Vigo, cando ao chegar a súa oficina recibe un correo electrónico do defunto. A través deste xogo de pistas sacadas de lecturas xuvenís como as novelas de Salgari, Julio Verne ou Stevenson,  o protagonista irá descubrindo fragmentos da vida de seu pai. Ao mesmo tempo descúbrenos o importante que foron os medios de comunicación durante a ditadura de Franco e o difícil traballo que levaron a cabo para denunciar os continuos abusos do réxime pese á brutal censura a que estaban sometidos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de fomento da lectura: de 4 a 8 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122549&name=DLFE-23410.pdf
Programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 4 a 8 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda
Luns 4 de abril:
- 10:20 h. - 3, 4 e 5 anos do CEIP Nós (Nós)
"Lobo bobo", a cargo de Elefante Elegante
Martes 5 de abril:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 4 anos C e 5 anos A do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:25 h. - 5 anos B e C do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Riciños de ouro", a cargo de Trinke Trinke
 

Mércores 6 de abril:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 4º A de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:00 h. - 4º B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Óscar Villán

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 5 de abril:
- 1ª sesión: 10:00 h. - 3º A de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 3º B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Óscar Villán
Mércores 6 de abril:
- 10:15 h. - 5º A de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Manel Cráneo
Xoves 7 de abril:
- 10:30 h. - 1º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"O caracol namorado", a cargo de Trinke Trinke
Venres 8 de abril:
- 11:00 h. - 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán", a cargo de Soledad Felloza

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Mércores 6 de abril:
- 1ª sesión: 10:00 h. - 4 anos A e C do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:10 h. - 4 anos B do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Riciños de ouro", a cargo de Trinke Trinke

29/3/16

Tertulia literaria en Rialeda: 30 marzo 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=CarCasar&alias=Carlos+CasaresNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades) Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "O sol do verán" de Carlos Casares.
Documentación
Obras de Carlos Casares nas bibliotecas da RBG.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "La puerta" de Magda Szabó.

Actividades de fomento da lectura: de 30 de marzo a 1 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122549&name=DLFE-23410.pdf
Programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 30 de marzo a 1 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda
Mércores 30 de marzo:
- 10:20 h. - 5º e 6º de EP do CEIP Nós (Nós)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Manel Cráneo.
Venres 1 de abril:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 3 anos do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Cueiros de cores", a cargo de Trinke Trinke
- 2ª sesión: 10:20 h. - 4 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Riciños de ouro", a cargo de Trinke Trinke

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Mércores 30 de marzo:
- 10:20 h. - 3º e 4º de EP do CEIP Nós (Nós) e 4º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Atrapado na torre", a cargo de Chrystyan Magic

Xoves 31 de marzo:
- 1ª sesión: 10:50 h. - 3º A e B de ESO do IES María Casares (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 12:10 h. - 3º C e D de ESO e DIV do IES María Casares (Santa Cruz)
"De Fole a Miranda", a cargo de Soledad Felloza
Venres 1 de abril:
- 10:10 h. - 5 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Un nacemento especial", a cargo de Trinke Trinke

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Mércores 30 de marzo:
- 10:10 h. - 3º A de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Óscar Villán.

Xoves 31 de marzo:
- 10:10 h. - 3º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Óscar Villán.

Venres 1 de abril:
- 10:10 h. - 3º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Óscar Villán.

27/3/16

Hora do conto de 29 de marzo a 1 de abril de 2016

Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 29 de marzo
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Normas básicas para prestar atención nunha sesión de contacontos”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 30 de marzo
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Rato Fuco de Trinke Trinke
TÍTULO: “Riciños de ouro”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 31 de marzo
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: “1, 2, 3... ovos de Pascua, outra vez”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 31 de marzo
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Voa Xoaniña, Voa”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 1 de abril
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos de terras de alá que comezan por I: India, Irlanda”

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

21/3/16

Dáme un verso: celebra connosco o día da poesía en Bibloleiros!

http://www.un.org/es/events/poetryday/
O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía. Na Biblioteca Central Rialeda queremos celebrar este día singular con versos agasallados polos-as nosos-as lectores-as.

Se te achegas a Rialeda proporcionarémosche unhas tarxetas onde poderás escribir versos teus, prestados dos-das teus/túas autores/as favoritos/as; na lingua que ti escollas. Se dispós de tempo, preferímolos manuscritos, aceptarémolos igualmente feitos a ordenador. As túas aportacións poéticas decorarán a biblioteca e publicarémolos no blog. Escríbeos na propia Rialeda ou envíanolos a: biblioteca.rialeda@oleiros.org, asunto "Dáme un verso".

18/3/16

Recomendacións en Radioleiros: 18 marzo 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=lendo+lendas+digo+versos+garcia+teijeiro&branch_group_limit=- Infantil e xuvenil (a partir de 10 anos):
 
Xerais

Unha magnífica obra que reúne tres grandes autores galegos: o poeta Antonio García Teijeiro, o investigador de literatura oral e mitoloxía galega Antonio Reigosa e o ilustrador Xosé Cobas.

Un libro fermoso e interesante que combina vinte lendas con cadanseu poema e cadansúa ilustración. Son lendas que proceden da nosa tradición, moi variadas tanto na concepción temática como na procedencia xeográfica. Hainas de mouras, de trasnos, de penedos, pero tamén de personaxes históricos como Pedro Madruga, etc., e cada unha destas lendas está acompañada dun poema e unha ilustración.
- Mozas/os e adultas/os:
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=fiesta+insignificancia+kundera&branch_group_limit=
Os protagonistas son cinco homes que viven en París. Desenvólvese en torno a unha festa de aniversario que un deles quere realizar. En sete capítulos os personaxes falan entre eles e así imos coñecendo as súas vidas e a súa forma de pensar.

Presenta con humor e ironía diversas temáticas, alternando con temas cotiáns, o que a veces dá unha sensación de absurdo e un sentir escéptico e desilusionado en torno á esencia da vida. Tamén hai anécdotas sobre a sensualidade do embigo e arredor de que parte do corpo é a máis sensual, e outras sobre o ditador soviético Stalin. É como un xogo para desmitificar o poder, ou para comentar a transcendencia do insignificante.

Unha novela sinxela, de só 138 páxinas, ben escrita, con letra grande e cun texto áxil e fácil de ler. 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/3/16

Novidades dvd cine - xeral e adult@s - en Rialeda (marzo 2016)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-23579.pdf
40 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Prema sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.

Hora do conto e obradoiros infantís de 14 a 18 de marzo de 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23314.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 14 de marzo
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Contos me río: contos para rir...”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 16 de marzo
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Chsssssss!”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 17 de marzo
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Contos para pingüiniños e pingüiniñas”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 18 de marzo
Para nenas-os maiores de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
MONITORADO: Viravolta Títeres
ACTIVIDADE: “Obradoiro de papiroflexia”

Actividades de fomento da lectura: de 14 a 18 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122549&name=DLFE-23410.pdf
Dentro do programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello, temos esta semana:

Na Biblioteca Central Rialeda
Luns 14 de marzo:
- 1ª sesión: 10:20 h. - 1º e 2º de EP do CEIP Nós (Nós) e 1º A de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:45 h. - 1º B e C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"A favor da igualdade", a cargo de Caxoto.
Venres 18 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 2º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 2º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Maxia cómica", a cargo de Leo Leíño
 

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Mércores 16 de marzo:
- 10:10 h. - 5 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Riciños de ouro", a cargo de Trinke Trinke

Xoves 17 de marzo:
- 10:15 h. - 6º B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Obradoiro de marionetas de papel", a cargo de Viravolta Títeres

Venres 18 de marzo:
- 10:10 h. - 3 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Cueiros de cores", a cargo de Trinke Trinke
- 11:20 h. - 4 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Un nacemento especial", a cargo de Trinke Trinke

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Martes 15 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 2º A e B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 2º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"A favor da igualdade", a cargo de Caxoto.

Xoves 17 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 1º A e C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 1º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Un nacemento especial", a cargo de Trinke Trinke

Recomendacións en Radioleiros: 11 de marzo

  http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
  http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1203908- Infantil (6 a 8 anos):
"O rato avó e o muraño" texto de Oli, ilustracións de Ramón Trigo. En Xerais.
O rato Benxamín e o muraño Rosendo son grandes amigos. Rosendo pasa unha chea de tempo na casa do seu amigo Benxamín onde o rato avó cóntalles historias de ratos atrevidos, donicelas torpes, musarañas intelixentes…
Un conto sobre a socialización e a capacidade de integración e axuda entre amigos, para os máis pequenos.
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1202453- Mozos-as e adultos-as:
"El teniente Sturm" de Ernst Jünger, editado por Tusquets.
No frente de Flandes na I Guerra Mundial, o tenente Sturm escribe as observacións sobre o día a día. Lector consumado, mestura a experiencia pasada coa camaradería dunha guerra que fai que cada día poda ser o último. Un texto de contido humano que mestura sensibilidade e asepsia.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.