30/11/12

Recomendacións en Radioleiros: 30 de novembro



- Xuvenil (maiores de 14 anos):
Una pantera en el sótano, de Amos Oz
Ambientada no remate do mandato británico en Palestina(1947). Una pantera en el sótano cóntanos a relación entre un neno xudeo, Profi, e un sarxento da policía británica. Constitúe unha reflexión sobre a traición e o fanatismo, conceptos sempre ambiguos. O seu autor foi merecedor de varios premios. Magnífica edición de Siruela.
-Mozos/as e Adultos/as:
Alianza Editorial
Novela que narra a vida de Hadley Richardson no Chicago dos anos vinte e o seu encontro con Ernest Hemingway, con quen casaría pouco despois. O traslado da parella á París onde serían “moi pobres e moi felices” é a xénese da obra, unha historia de vidas particulares con liortas, festas, viaxes (San Fermín entre outras) e tamén un retrato da capital francesa nun dos momentos máis criativos do século XX.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/11/12

Dia Internacional contra a Violencia de Xénero na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 de 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 60 países. Na República Dominicana rexistrouse o asasinato das tres irmáns Mirabal, feito que tivo lugar o 25 de novembro de 1960, por orde do dictador dominicano Rafael Leónidas Trujillo.
En 1981 celebrouse en Bogotá (Colombia), o “Primer Encuentro Feminista Latinoamericano y del Caribe", onde se decidíu marcar o 25 de novembro como o Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres, recordando o asasinato das irmás Mirabal.
En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, na que se definíu a "violencia contra a muller" como “Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada.”
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres non é un conto, é unha dura, durísima realidade que millóns de mulleres –en todo o mundo e de todas as clases sociais ou estratos económicos– sofren a diario.
Pero esta violencia exercida contra as mulleres forma parte dun papel adxudicado á muller, que se transmitíu de xeración en xeración e que moitas mulleres reciben como algo natural a través dos contos tradicionais que len ou lles len desde pequenas. Temos que cambiar o conto!
Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz temos un anaco de biblioteca denominado “Territorio libre de violencia machista”, onde atoparedes distinto material bibliográfico que ten como tema común, a violencia de xénero.

26/11/12

Tertulia literaria en Rialeda: 28 de novembro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "Sol de inverno" de Rosa Aneiros.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

Documentación
Obras de Rosa Aneiros nas nosas bibliotecas.

Entregaráse posteriormente a obra "La boda de Chon Recalde" de Gonzalo Torrente Ballester.

27, 28 e 29 de novembro: Visitas do alumnado do IES Isaac Díaz Pardo de Sada á Biblioteca Central Rialeda

Os días 27, 28 e 29 de novembro recibiremos na Biblioteca Central Rialeda ao alumnado de 2º de ESO do I.E.S. Isaac Díaz Pardo de Sada.


As visitas guiadas terán lugar entre as 10 e as 12 h.

Explicaráselles a historia do edificio, coñecendo as diferentes salas e servizos, xunto cunha demostración audiovisual sobre o funcionamento do catálogo.

Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.

24/11/12

RIALEDA CUMPRE CEN ANOS 1912-2012!!!

O edificio Rialeda, do prestixioso arquitecto Rafael González Villar (1887-1941), autor de numerosos proxectos arquitectónicos na cidade da Coruña e o seu entorno, chega ao seu centenario. Rialeda é un edificio modernista. Unha casa moi atrevida no seu tempo, inspirada no movemento europeo da "Sezzesion vienesa", adaptada aos gustos da nacente burguesía urbana que comezaba a construír espléndidas casas de campo. Torres, ángulos, óvalos, claroescuros, azulexos, cores rechamantes... fan de Rialeda unha peza con engado.
Esta singular construción é desde o 21 de novembro de 1998 sede da Biblioteca Central Rialeda, cabeceira do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros, con premios como o da Irmandade do Libro, no ano 2012, na modalidade de Fomento da lectura, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia ou o Premio Nacional María Moliner, no 2011, na categoría de Animación á lectura, concedido polo Ministerio de Cultura. O edificio, catalogado como patrimonio histórico-artístico municipal, está rodeado dun fermoso xardín con gran diversidade de árbores, no que destacan un cedro do Himalaia (cedrus deodara) e frondosos tileiros (tilia cordata). Ademais da xoia arquitectónica que representa o edificio en si mesmo, a Biblioteca Central Rialeda alberga na sala infantil un mural realizado, no ano 2009, polo ilustrador e prestixioso autor de banda deseñada Miguelanxo Prado.
Avanzamos os actos previstos para a conmemoración do centenario de Rialeda e aos que estades convidadas/os (todos terán lugar na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo):
ACTIVIDADES INFANTÍS:
Todas as actividades para nenas e nenos serán ás 18:30 horas
Luns, 10 de decembro: Contacontos a cargo da actriz Soledad Felloza
“Ventá máxica”. Para menores de 4 anos.
Martes, 11 de decembro: Contacontos a cargo da actriz Paula Carballeira
“Contos para unha tarde de outono”. Para menores de 8 anos.
Xoves, 13 de decembro: Espectáculo de maxia a cargo do mago Chrystyan Magic
“Atrapado na torre”. Para nenas/os a partir de 10 anos.
Venres, 14 de decembro: Contos e cancións a cargo da Compañía Migallas
“Cantacontos”. Para nenas/os a partir de 8 anos.
ACTIVIDADES PARA MOZAS/OS E ADULTAS/OS:
Mércores, 12 de decembro, ás 20 horas
Mesa redonda: Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros; Henrique Seoane, arquitecto, coa presentación titulada “Rafael González Villar e a súa elegante arquitectura" e o escritor Manuel Rivas, co relatorio titulado “Resistencia erótica do libro”, e a actuación do Trío de Vento de Alumnos/as da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros.

Hora do conto: de 26 a 30 de novembro

Aquí tes a programación da hora do conto de 26 a 30 de novembro. Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 26 de novembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: "A illa das dúas caras", "A fada sen as", "Engurras"


Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 28 de novembro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: Contos para longas noites

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 29 de novembro
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: Contos de sobremesa: "Non fagas iso", "Os narices reais", "Historia dun home"

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 30 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: Ya huele a Navidad: “Sueños de nieve”, “La palabra que se fue de vacaciones”, “Luna llena”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

23/11/12

Tertulia literaria en Santa Cruz: 26 de novembro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.

De 18,30 a 20 horas.

- Comentario da obra "Memorias de Adriano" de Marguerite Yourcenar.
- Entrega de "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.

Obras de Margueritte Yourcenar nas bibliotecas do Concello de Oleiros.

Recomendacións en Radioleiros: 23 de novembro

- Infantil (menores de 6 anos):
"Papá, por favor, achégame a lúa" de Eric Carle, editado por Kalandraka.
Mónica quere coller a lúa para xogar con ela. O pai buscou unha longa escada e levouna ata unha montaña moi alta, chantouna na parte superior e subíu e subíu...
Deliciosa obra, cunhas magníficas e coloridas ilustracións, xunto con despregables e textos curtos.
- Mozas/os e adultas/os:
"Los enamoramientos" de Javier Marías, en Alfaguara
Premio Nacional de Narrativa 2012, que o escritor rexeitou porque dixera en diferentes ocasións que non recibiría ningún premio institucional, engadindo que eses cartos (20.000 €) os podían entregar ás bibliotecas públicas. A revista Babelia elixíuno como o 1º dos 25 mellores libros do ano 2011.
É unha interesante novela narrada en primeira persoa por María Dolz, na que nos presenta a Miguel Desvem e a súa muller, Luisa. María coincidía con esta parella na cafetería a que ela acudía diariamente e parecían estar moi namorados. Pero un día deixou de velos, preguntou, e é cando soubo que el fora asasinado, en plena rúa do centro de Madrid, por un aparcacoches demente que o confundíu con outra persoa.
Segundo explica o autor, é un libro sobre o estado do namoramento, considerado como algo positivo e que parece xustificar todas as cousas: as accións máis nobres e desinteresadas, pero tamén moitas ruindades e as dificultades de castigar á persoa que amas. É tamén unha obra sobre a impunidade e a inconveniencia de que os mortos poidan volver, aínda que se sentira profundamente a súa perda. Neste aspecto, na novela fai unha comparación co relato de Balzac “El Coronel Chabert”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/11/12

Hora do conto: de 20 a 23 de novembro

Aquí tes a programación da hora do conto de 20 a 23 de novembro. Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
Martes 20 de novembro
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: Contos vidos do frío: "Neve, neve, requeteneve"; "Ai, que lista é a miña nai!"; "O zampón"
Mércores 21 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: De cabaliños e outras lendas: música e rimas
Mércores 21 de novembro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: Verbas que son contos

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 22 de novembro
TÍTULOS: A máis grande artista do mundo: “Rosa Caramelo”, “A charca de Catalina”, “Mariluz Avestruz”
Venres 23 de novembro
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: “Príncipas e princesos”: “Príncipe cincento”, “As princesas tamén botan peidos”, “A princesa e o chícharo”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Recomendacións en Radioleiros: 16 de novembro

- Infantil (de 6 a 8 anos):
20.000 leguas baixo dos mares segundo a novela de Jules Verne ; ilustracións de Sandrine Gambart ; texto de Virginie Hanna
Relectura dun clásico pensada para o público máis novo. Formato grande cun magnífico traballo plástico da francesa Sandrine Gambart cun estilo próximo ao expresionismo alemán. Libro de alto valor estético.
- Mozos/as e Adultos/as: ¡Masajes relajantes! : reanima tus sentidos y mímate, de Karin Schutt
Unha chea de masaxes eficaces para disfrutar só ou en parella. Un libro que nos facilita unha fonda sensación de benestar e relax para liberar o estrés. Amplo número de fotografías.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/11/12

Federico García Lorca "Medio pan y un libro"

 Grazas a todos e todas os/as que creedes na Cultura e a fomentades con corazón, dende o voso pequeno ou gran recuncho, como un ben público irrenunciable.

12/11/12

Maridaxes equinocciais na Biblioteca Rialeda

Maridaxes equinocciais é unha escolla de libros que che ofrecemos na Biblioteca Central Rialeda para quecer as tardes de outono, historias que te acompañarán no depelicar das castañas. Suxestións a lume lento, como arden as toradas no fogar.

10/11/12

Hora do conto: de 12 a 16 de novembro

Aquí tes a programación da hora do conto de 12 a 16 de novembro. Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.

Luns 12 de novembro
CONTACONTOS: Avoa Violeta da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: O espírito de bosque: “O bidueiro de prata”, “Aínda nada?”


Martes 13 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: "Rompe con tu mala pata", "Ziezozaurus", "Papá Oso"

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 15 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: "Cuidado extraterrestres", "Rosa y Trufo", "El Grúfalo"

Venres 16 de novembro
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Asociación de animais solidarios”: “A casa da mosca chosca”, “O galo que non sabía cantar”, “Dona Carme”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)