8/6/12

Recomendacións en Radioleiros: 8 de xuño


- Infantil (nenos/as de 10 a 12 anos):
"A chave da Atlántida" de Anxo Fariña (escritor e ilustrador) en Xerais.
A chave da Atlántida foi Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2011
É unha obra de ciencia ficción que recupera o mito da busca do continente perdido A Atlántida, e cóntanos que os científicos do “Proxecto Prometeo” crearon A-cero, un ser humano artificial, realizado a partir duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolaga da Atlántida, pero A-cero tamén é capaz de amosar curiosidade polos sentimentos humanos. Aqueles pergamiños indicaban segredos ocultos capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade.
Poderanse atopar aventuras e unha historia de amor, así como diferentes probas que terán que pasar os protagonistas. Un libro moi entretido que une a mitoloxía clásica e a ciencia-ficción e que recomendamos para nenas e nenos a partir de 10 anos.

- Mozos/as e adultos/as:
"Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt, editado por Circe.

Unha interesante e fermosa novela que nos achega á complexidade das relacións humanas, ao mundo da arte e a diferentes patoloxías psicolóxicas. 
Leo, un profesor de arte, de orixe europea e marcado polas persecucións nazis a súa familia, iranos narrando, en primeira persoa, a forma en que  coñeceu ao pintor Bill Wechsler, a raíz de mercar un cadro seu e como a partir dese momento ambos estarán unidos por unha profunda amizade. Falaranos da primeira muller de Bill, a poeta Lucille e da segunda, Violet, unha antiga modelo que se dedica á investigación psicolóxica, así como das complicadas relacións con Mark, o fillo de Bill e Lucille. Ao mesmo tempo iranos presentando a relación coa súa muller Erica  e o seu fillo Matt. Contaranos os sucesos que lle van acontecendo ás dúas familias e a relación entre elas, así como o entorno da creación artística dos anos 70 en Nova York. Tamén coñeceremos diversos aspectos da arte como provocación na figura dun personaxe da novela, Gilles, un novo pintor. Debido ás investigacións de Violet, falaranos da histeria, dos transtornos alimentarios e de diferentes problemas nerviosos. É un libro que trata moitas temáticas,  pero o máis importante é que Siri Husvedt vai trazando os vínculos familiares con mestría e preséntanos os acontecementos con gran sensibilidade a través duns personaxes reais ben construídos e unha historia moi ben escrita.
Unha boa obra, que inquieta e apaixona, que recomendamos a súa lectura.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

7/6/12

Mostra adicada a Philip Roth na Biblioteca de Santa Cruz

O escritor norteamericano de orixen xudeo, Philip Roth, é un dos narradores máis relevantes do século XX e está considerado un dos catro escritores vivos máis importantes. Os seus textos reflexan  a súa preocupación e interés pola identidade persoal, cultural e étnica e pola creación artística.

Naceu en Newark o 19 de marzo de 1933, é licenciado pola Universidade de Bucknell. Abandonou a docencia en 1992 para dedicarse por completo á literatura.


Na Biblioteca de Santa Cruz ofrecémosche unha pequena mostra dos títulos deste escritor americano, que temos a túa disposición.
Libros :
- Indignación (2008)
- Elegía (2006)
- La humillación (2009)
- Némesis (2010)

DVD:
- Elegy (2008), película dirixida por Isabel Coixet e protagonizada por Penélope Cruz e Ben Kingsley baseada no libro do mesmo título.

6/6/12

Novidades DVD Cine en Rialeda: 1ª quincena xuño 2012

14 novos títulos
nos expositores do 2º andar da biblioteca
consulta o listado


A alta demanda de películas fai que podas atopalas prestadas,
consulta a súa dispoñibilidade a través do catálogo para reservalas.
Importante: Só se fan reservas sobre material prestado.

4/6/12

Encontro Literario con Xabier P. Docampo na Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: 7 de xuño

O xoves 7 de xuño ás 10:30 horas terá lugar un Encontro Literario co autor Xabier P. Docampo na Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.

Participará o alumnado de 5º e 6º de 3º ciclo de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.

Coñece as obras de Xabier P. Docampo que hai ao teu dispór nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 6 de xuño (Grupo B). Remate da tempada

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Sesión final da tempada 2011-2012 para o Grupo B.

Comentaráse a obra "La aventura del tocador de señoras" de Eduardo Mendoza.
Documentación
Obras de Eduardo Mendoza nas nosas bibliotecas.

Tertulia literaria en Santa Cruz: luns 4 de xuño (remate da tempada)

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Hora: de 18,30 a 20

Rematamos a tempada 2011-2012 comentando a obra "Fotocopias" de John Berger.

Obras de John Berger nas bibliotecas do Concello de Oleiros.

1/6/12

Recomendacións en Radioleiros: 1 de xuño

- Xuvenil:
"Historias de mestre raposo" de Bruno Heitz, editado por Kalandraka.

Adaptación ao cómic do clásico francés medieval no que un ousado raposo parodia a épica e a novela cortesá da época. Apto para rapaces e adultos.

- Mozos-as e adultos-as:
"Los sauces de Hiroshima" de Emilio Calderón, en Planeta.

Anos despois da Segunda Guerra Mundial, un inspector de policía xaponés tense que enfrontar aos asasinatos duns supervivintes de Hiroshima. Un paseo por unha cultura milenaria mesturada con tintes contemporáneos. 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas


26/5/12

Hora do conto: de 29 a 31 de maio

Aquí tes a programación da hora do conto de 29 a 31 de maio.
Todas as sesións son ás 18:30 horas.

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 29 de maio
CONTACONTOS: Pablísimo

TÍTULO:           “Animaladas de conto”


Mércores 30 de maio
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS:             Podes confiar: "Sacapenas", "Os tres bandidos", "Splash, o gato"

Xoves 31 de maio
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke

TÍTULOS:              O rato ilustrador: "Tomé e o lapis máxico", "Garavanciño"

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
A hora do conto da Biblioteca "Manuel María" de Oleiros está dentro do programa



25/5/12

31 de maio: "A vidrieira sonora" e "Cinco dedos, cinco sentidos" na Biblioteca de Santa Cruz

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
A cargo de Juan Carlos Vázquez Otero
Obradoiro de vidreiras en estilo gótico elaboradas a partir de materiais de papelería traslúcida. Acompaña a esta tarefa unha sesión musical paralela.
Hora: 10,30 a 11,30. Dirixida ao alumnado de 4º A e B de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.

A cargo de Juan Carlos Vázquez Otero e a ilustradora María Lires
A partir do libro “Cinco continentes” realizarán unha serie de ilustracións, introducindo cor, texturas e composicións en mosaico, acompañadas de cancións folclóricas dos cinco continentes.
Hora: 12 a 13. Dirixida ao alumnado de 3º A e B de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.

30 de maio: Roteiro Cultural e Literario

Sofia Casanova e as casas onde veraneou en Mera
Juana de Vega e o Pazo da Carballeira en Nós
María Casares e o Pazo do Río en Montrove


Os obxectivos que pretendemos conseguir son:
- Dar a coñecer diferentes mulleres ilustres que viviron no Concello de Oleiros.
- Mellorar o coñecemento de diferentes espazos do termo municipal de Oleiros.
- Promover a lectura.

Realizaremos o roteiro que consistirá no recorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron estas mulleres ilustres, como unha homenaxe a todas elas.

Terá lugar o día 30 de maio e comezaremos ás 9.30 horas no Castelo de Santa Cruz onde unha monitora do CEIDA falará de como estaba na época de Emilia Pardo Bazán, trasladarémonos a Mera á casa de veraneo da xornalista Sofía Casanova, posteriormente desprazámonos ao Pazo da Carballeira en Nós no que viviu a escritora Juana de Vega e onde nos recibirá o director da Fundación Juana de Vega  que explicará as funcións da mesma, para finalizar en Montrove no Pazo do Río onde pasou parte da súa infancia a actriz María Casares.

En todos estes lugares a presentación destas mulleres ilustres será realizada por alumnado de 1º de bacharelato que elaborou o folleto.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 30 de maio (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro.
Documentación
Obras de Celso Emilio Ferreiro nas nosas bibliotecas.

29 de maio: "Hip-Hop, poema Pop" na Biblioteca de Santa Cruz

Horario: 2 sesións, ás 10.30 e 12:00 h.
Actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de ensinanza primaria do CEIP Isidro Parga Pondal

“Hip Hop, poema Pop”, con Juan Carlos Vázquez Otero, profesor del Conservatorio de Grado Profesional de Melide.
Obradoiro interactivo de música, poesía, pintura e danza, na que os nenos e nenas tamén terán que elaborar unha sinxela copla.

29 de maio: "Animaladas de Conto" na Biblioteca de Oleiros

Horario: 18.30 h.

“Animaladas de conto” a cargo de Pablísimo.
Actividade correspondente ao programa Letras Vivas.

Recomendacións en Radioleiros: 25 de maio

- Infantil (de 8 anos en adiante):

Editado por Galaxia

Versión do conto clásico de Charles Perrault  “A cincenta”, cunhas magníficas ilustracións e acompañada por un CD coa gravación da Real Filharmonía de Galicia, de catro partes da ópera La Cenerentola de  Rossini, que ambientan musicalmente a narración oral do texto pola actriz de dobraxe Teresa Santamaría. Esta ópera tamén está baseada na Cincenta.

Cóntanos que, despois de  ter que marchar xunto coa súa familia para outro país, comezou a buscar traballo (o seu soño era ser cantante pero iso en principio non era posible). Fixouse nun anuncio nunha zapatería de que precisaban unha dependenta, o nome desta zapatería era “Zapatiño de cristal” e nela vendíanse zapatos antigos para pes delicados. Entrou, no seu interior parecía que se detivera o tempo, pero, de súpeto, comezou a soar unha música, mirou ao seu redor e comprobou que saía da trastenda onde estaba a propietaria, dona Clorinda. Contratouna e entre as súas tarefas diarias, a máis importante, era limpar con sumo coidado un par de preciosos zapatos de cristal...

Literatura e música únense neste libro-CD que nos permite volver a ler a historia clásica con ollos novos e cunha recreación diferente.

- Mozos/as e Adultos/as:

Editado por Mondadori

O 13 de maio de 1506 Miguel Ángel Buonarroti desembarca no porto de Constantinopla. Acompáñao un comerciante florentino instalado nesta cidade dende hai cinco anos. En Florencia, a estatua do David converteuno en heroe da cidade e foi invitado polo sultán de Constantinopla, Beyazid,  para deseñar unha ponte sobre o Corno de Ouro, despois de rechazar o deseño de Leonardo da Vinci...

Deliciosa novela que nos achega a este artista do Renacemento que foi Miguel Ángel.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.