12/5/12

Hora do conto: 15 e 16 de maio

Aquí tes a programación da hora do conto de 15 e 16 de maio.
Todas as sesións son ás 18:30 horas.

Martes 15 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:   “Xan sen medo”, “Imos de excursión”, “Por que chove?”

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 15 de maio
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín
TÍTULO:   “Os contos do Titiriteiro”
     
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 16 de maio
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO:   “Contos para días de Letras Galegas”
                             
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
A hora do conto da Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove está dentro do programa


11/5/12

Recomendacións en Radioleiros: 11 de maio

- Xuvenil (a partir de 14 anos):

Centauros do norte, de Marcos Calveiro
Editado por Rodeira

O seu protagonista chámase Rafael e só ten 16 anos. É músico e abandonara México hai case un ano, despois de que unha partida de “colorados” mataran a seu pai. Despois de viaxar nun vagón baleiro dun tren, entrou en EEUU na vila de El Paso. Logo achou traballo e polas noites acudía a tocar coa súa corneta a algunhas cantinas e garitos onde gañaba algúns dólares que lle permitirían tomar rumbo a California. Foi nun deses lugares onde coñeceu a Pancho Villa. Ao cabo dun tempo propúxolle que volvese con el a México para facer a revolución. Eran os derradeiros días do mes de abril de 1913 e regresaban a México para conquistalo.

Engaiolante libro que nos fala de loita, vinganza e paixón. A loita propia da revolución, a vinganza dun rapaz que se debate entre o seu desexo de vingarse (asasinaran ao seu pai) e o seu respecto pola vida e a paixón na historia de amor que se desenvolve entre Rafael e  Reina Huarte. Asistimos á evolución de Rafael e Reina, de idades similares pero con maneiras distintas de ver o mundo e de reaccionar ante el.
Centauros do norte é unha fermosa novela que coa súa forza literaria consigue introducirnos na revolución mexicana e retratarnos a vida de diferentes personaxes, algúns baseados en persoas reais e outros inventados polo autor.

Premio Raíña Lupa no ano 2010.

- Para mozos/as e adultos/as:

Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, de Tucho Calvo
Editado por Biblos

Unha edición revisada da sua primeira obra titulada Valentín Paz-Andrade, a memoria do século e publicada en  Ediciós do Castro no ano 1998.

Este libro parte das preguntas realizadas por Tucho Calvo a Valentín Paz-Andrade nunha longa entrevista levada a cabo nos anos oitenta. Como nos di na contraportada, neste longo diálogo narra as vivencias desta persoa que tivo unha importante presenza  non só na política galega, senón tamén na cultura e no mundo empresarial.

Valentín Paz-Andrade, foi un avogado de prestixio, director do periódico “Galicia”,  dirixente do Partido Galeguista. Candidato ás Cortes Constituíntes en 1931, xunto a Castelao, colaborou una redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos. Debido aos seus artigos e ás súas posicións políticas foi perseguido e represaliado tanto nos primeiros anos da guerra como na posguerra. Director da revista “Industrias pesqueras”. Un dos impulsores de Pescanova, da que foi vicepresidente. Traballou como técnico da FAO e xa en 1960 alertou dos perigos das 200 millas para as flotas españolas e foi o primeiro especialista español proposto por esta organización para misións internacionais en Hispanoamérica. Formou parte da “Comisión dos Dez” (Comisión negociadora da Oposición Democrática) representando a Galicia. Elixido senador por Pontevedra nas eleccións de 1977, por Candidatura  Democrática Galega. Foi membro da Real Academia Galega e da Academia Galega das Ciencias.

En palabras de Xosé Díaz, que é quen fai a introdución da obra “Valentín é un referente icónico da loita por unha Galicia próspera e dona do seu destino.”

Cando Tucho Calvo lle pregunta a Valentín polo seu ensaio titulado “Galicia como tarea”, el contéstalle que “é o momento de pasar da denuncia lírica á construción dun pensamento socio-económico”.

Coa lectura deste libro poderá verse a  versión da historia de Galicia do século XX segundo un dos seus grandes protagonistas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/5/12

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 9 de maio (Grupo B)



Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)

Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Por favor, cuida de mamá" de Kyung-Sook Shin
Obras de Kyung-Sook Shin nas nosas bibliotecas

.

Obradoiro de Creación Literaria na Biblioteca Central Rialeda (9ª sesión): martes 8 de maio

O día 8 de maio, ás 18.30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, terá lugar a 9º sesión do Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane
Está dirixido a mozas/os (a partir de 15 anos) e adultas/os, realizarase os martes e terá unha duración de dez sesións. 
As prazas son limitadas. É imprescindible inscribirse na biblioteca chamando ao teléfono 981 639 511 ou a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org
Importante: esta actividade ten prezo público para as persoas non empadroadas no Concello de Oleiros.
É unha iniciativa da Concellería de Cultura de Oleiros e da Asociación de Escritores en Lingua Galega e con ela preténdese animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.

IMPORTANTE: A actividade realízase no 2º andar da biblioteca. Durante a mesma quedan fora de servizo os ordenadores da citada sala.

7/5/12

Obradoiros de ilustración con Xosé Tomás para alumnado do CEIP Valle-Inclán e CEIP Luis Seoane

Na Biblioteca Central Rialeda

Martes 8 de maio:
- 9,30 h.: 4ª Primaria A do CEIP Valle Inclán
- 11,30 h.: 4º Primaria B do CEIP Valle Inclán

Mércores 9 de maio:
- 9,30 h.: 5º Primaria A do CEIP Luis Seoane
-11,30 h.: 5º Primaria B do CEIP Luis Seoane

Venres 11 de maio:
- 9,30 h.: 3º Primaria A do CEIP Valle Inclán
-11,30 h.: 3º Primaria B do CEIP Valle Inclán

Martes 15 de maio:
- 9,30 h.: 3º Primaria C do CEIP Valle Inclán

Xosé Tomás fará un percorrido polo proceso de creación dun libro: idea, autor/a, ilustrador/a, editorial, imprenta, distribución, lector/a, etc. A continuación explicará a estreita relación palabra-imaxe e as diversas interpretacións gráficas de cada ilustrador/a. Guiados por Xosé Tomás, o alumnado participante construirá historias gráficas a raíz de elementos narrativos elixidos ao chou (na liña da Gramática da fantasís de Gianni Rodari) e coñecerán as técnicas para crear personaxes, así como os códigos mínimos desde os puntos de vista físico e psicolóxico.

Tertulia literaria en Santa Cruz: luns 7 de maio

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Hora: de 18,30 a 20

Comentaremos a obra "Espejo roto" de Mercè Rodoreda.
Obras de Mercè Rodoreda nas bibliotecas do Concello de Oleiros

4/5/12

Hora do conto: 7 a 11 de maio

Aquí tes a programación da hora do conto de 7 a 11 de maio.
Todas as sesións son ás 18:30 horas.

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 7 de maio
CONTACONTOS: Chrystyan Magic

TÍTULOS:             “Atrapado na torre”
 
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 8 de maio
CONTACONTOS: Inés Cuadrado

TÍTULOS:             “O castiñeiro máxico”,  “Ota a gaivota”, “Dous consellos e unha empanada”
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 8 de maio
CONTACONTOS: Marisa Irimia

TÍTULOS:             “Teatro de papel”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 9 de maio
CONTACONTOS: Andrea Bayer

TÍTULOS:             “A cebra Debra”, “O polo Pepe”, “O segredo do rei Curro”, “O gato Guille e os monstros”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 9 de maio
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín
TÍTULOS:             “Os contos do Titiriteiro”
Xoves 10 de maio
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS:           “O caracol Remoldiño”, “Chibos chibóns”      
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 11 de maio
CONTACONTOS: Cristina Moreira

TÍTULOS:             "Moreiróloga para soñaloides"
Venres 11 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:             “Imos de excursión!”, “Os animais do bosque”, “A nube egoísta”

A hora do conto da Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda, "Manuel María" de Oleiros, e "Xograr Mendiño" de Lorbé están dentro do programa

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Novidades DVD Cine en Rialeda: 1ª semana maio 2012

nos expositores do 2º andar da biblioteca

 
A alta demanda de películas fai que podas atopalas prestadas,
consulta a súa dispoñibilidade a través do catálogo para reservalas.
Importante: Só se fan reservas sobre material prestado.

Recomendacións en Radioleiros: 4 de maio

- Infantil
Editado por Kalandraka

Catro contos nos que o rato protagonista está dentro dunha pota para facer sopa. Aproveitando que o sabor é moi soso, tenta salvarse contando historias. Abellas, paxaros, grilos e outros forman parte destas narracións.

- Adultos
Espejo roto, de Mercé Rodoreda
Editado por Seix Barral

Historia dunha casa señorial barcelonesa desde principios do século XX até os anos posteriores á Guerra Civil. Catro décadas polas que van pasando diferentes persoas, familias e clases sociais con actitudes opostas, constituíndo unha radiografía do acontecido na cidade nese periodo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/5/12

Ler para saber A CIENCIA: 4 de maio

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 4 de maio ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Moisés Canle López, profesor titular da UDC, Vicedecano de Química, Departamento de Química Física e Enxeñaría Química, área de Química Física pronunciará a charla científica titulada “Socorro! A Química rodéame!”.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

30/4/12

Mes de maio: mes das Letras Galegas

Nas Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros conmemórase o Día das Letras Galegas cunha ampla serie de actividades durante o mes de maio. 

De todas queremos destacar a conferencia a cargo do xornalista Tucho Calvo que vai ter lugar no Teatro As Torres de Santa Cruz o venres, 4 de maio, ás 12:30 h., na que falará sobre o escritor homenaxeado polo Día das Letras Galegas, baixo o título da obra do propio conferenciante “Valentín Paz Andrade, a memoria do século”. Está dirixida a alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores, pero tamén poden asistir todas as persoas que o desexen.

Mércores, 2 de maio:
Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz.
“Hora do Conto”, con Ramiro Neira ás 18.30 horas onde narrará os contos: “Os animais do bosque”, “A historia dunha porta” e “A nube cobizosa”

Biblioteca P. Municipal “Xograr Mendiño” en Lorbé
Ás 18.30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Contos de animais” para os máis pequenos” a cargo de Títeres Cachirulo.

Xoves, 3 de maio:
Biblioteca Central Rialeda en Perillo
“Hora do Conto”, con Caxoto  ás 18.30 horas onde narrará: “Contos con mar de fondo”.

Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz
“Senticontos”, con Pablísimo. Dúas sesións, ás 10:30 e 12:00 h., dirixidas ao alumnado de 2º de ensinanza primaria do CEIP Luís Seoane nas que narrará contos sobre os sentimentos.

Venres, 4 de maio:
Biblioteca Central Rialeda en Perillo
Dentro do ciclo de conferencias de divulgación científica “Ler para saber”, ás 18.30 horas, levarase a cabo a charla denominada “Socorro! A Química rodéame!” a cargo do profesor titular da Universidade da Coruña e Vicedecano de Química, Moisés Canle López.

Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz
“Contos de candil”, con Ramiro Neira. Unha sesión, ás 10:30 h., dirixida ao alumnado de 5º de ensinanza primaria do CEIP Luís Seoane, na que realizará un contacontos baseado nas obras de Ánxel Fole “Á lus do candil”, “Contos da néboa” e “Historias que ninguén cre”.

Ás 12:30 h. comezará a conferencia sobre o escritor homenaxeado polo Día das Letras Galegas “Valentín Paz Andrade, a memoria do século” a cargo do xornalista Tucho Calvo. Dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores.

Biblioteca P. Municipal “Mª José Trincado” en Mera
Ás 18.30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Canta contos” a cargo de Migallas Teatro.

Biblioteca P. Municipal “Ánxel Fole” en Nós
Ás 18.30 horas, terá lugar a actividade de maxia dentro do programa de Letras Vivas denominada “Maxia versus Ciencia” a cargo de A illa d@s neno@s.

Luns, 7 de maio:
Biblioteca P. Municipal “Mª José Ruso” en Dorneda
Ás 18:30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Atrapado na torre” a cargo de Chrystyan Magic.

Martes, 8 de maio:
Biblioteca Central Rialeda en Perillo
“Obradoiro de Ilustración” con Xosé Tomás. Dúas sesións, ás 9:30 e 11:30 h. dirixidas ao alumnado de 4º de ensinanza primaria do CEIP Valle Inclán, nos que reflexionará sobre a relación da palabra coa imaxe, das diversas interpretacións gráficas que cada ilustrador fai. Construirán historias gráficas a raíz de diversos elementos narrativos.

Pola tarde, ás 18.30 horas, realizarase o “Obradoiro de Creación Literaria”, co escritor e profesor Xabier Seoane.

Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz
“Senticontos”, con Pablísimo. Dúas sesións, ás 10:30 e 12:00 h., dirixidas ao alumnado de 4º e 6º de educación infantil do CEIP Luís Seoane.

Biblioteca P. Municipal “Manuel María” en Oleiros
Ás 18:30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Kamishibai e son” a cargo de Marisa Irimia.

Biblioteca P. Municipal  “Federico García Lorca” en Montrove
Ás 18.30 horas, “Hora do Conto”, con Inés Cuadrado.

Mércores, 9 de maio:
Biblioteca Central Rialeda en Perillo
 “Taller de banda deseñada” con Xosé Tomás. Dúas sesións, ás 9:20 e 11:30 h. dirixidas ao alumnado de 5º de ensinanza primaria do CEIP Luís Seoane, nos que reflexionará sobre a relación da palabra coa imaxe, das diversas interpretacións gráficas que cada ilustrador fai. Construirán historias gráficas a raíz de diversos elementos narrativos.

Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz
Ás 18.30 horas,  “Hora do Conto”, con Andrea Bayer.

Biblioteca P. Municipal “Xograr Mendiño” en Lorbé
Ás 18:30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Os contos do titiriteiro” a cargo da Compañía Xanela de Maxín.

Xoves, 10 de maio:
Biblioteca Central Rialeda en Perillo
Ás 18:30 horas,  “Hora do Conto”, con Trinke Trinke.

Venres, 11 de maio:
Biblioteca Central Rialeda en Perillo
Continuación dos  “Obradoiros de Ilustración” con Xosé Tomás. Dúas sesións, ás 9:30 e 11:30 h. dirixidas ao alumnado de 3º de ensinanza primaria do CEIP Valle Inclán.

Biblioteca P. Municipal “Mª José Trincado” en Mera
Ás 18:30 horas,  “Hora do Conto”, con Soledad Felloza.

Biblioteca P. Municipal “Ánxel Fole” en Nós
Ás 18:30 horas,  “Hora do Conto”, con Ramiro Neira.

Luns, 14 de maio:
Biblioteca Central Rialeda en Perillo
“Os contos de Paula” con Paula Carballeira. Unha sesión, ás 10:00 h. dirixida ao alumnado de 4º de ensinanza primaria do CEIP Valle Inclán.

Martes, 15 de maio:
Biblioteca Central Rialeda en Perillo
 “Obradoiro de Ilustración” con Xosé Tomás. Unha sesión, ás 9:30 h. dirixida ao alumnado de 3º de ensinanza primaria do CEIP Valle Inclán.

Pola tarde, ás 18.30 horas, realizarase o “Obradoiro de Creación Literaria”, co escritor e profesor Xabier Seoane.

Biblioteca P. Municipal “Manuel María” en Oleiros
Ás 18.30 horas,  “Hora do Conto”, con Ramiro Neira onde narrará os contos.

Biblioteca P. Municipal “Federico García Lorca” en Montrove
Ás 18.30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Os contos do titiriteiro” a cargo da Compañía Xanela de Maxín.

Mércores, 16 de maio:
Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz
Ás 18:30 horas,  “Hora do Conto”, con Caxoto.

Luns, 21 de maio:
Biblioteca P. Municipal “Mª José Ruso” en Dorneda
Ás 18.30 horas,  “Hora do Conto”, con Caxoto.

Martes, 22 de maio:
Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz

"A vidreira sonora”, con Juan Carlos Vázquez Otero. Unha sesión, ás 10:30 h. dirixida ao alumnado de 4º de ensinanza primaria.

Ás 12:00 h. “Cinco dedos, cinco sentidos”, con Juan Carlos Vázquez Otero e María Lires, para o alumnado de 3º de ensinanza primaria.

Biblioteca P. Municipal “Federico García Lorca” en MontroveÁs 18:30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “A ratiña presumida e o ratiño presumido” a cargo de Trinke Trinke.

Mércores, 23 de maio:
Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz
Ás 18:30 horas,  “Hora do Conto”, con Pablísimo.

Biblioteca P. Municipal “Manuel María” en Oleiros
“Contos marabillosos”, con Soledad Felloza. Unha sesión, ás 10:10 h. dirixida ao alumnado de 3º de ensinanza primaria do CEIP A Rabadeira.

Biblioteca P. Municipal “Xograr Mendiño” en Lorbé
Ás 18:30 horas,  “Hora do Conto”, con Caxoto.

Xoves, 24 de maio:
Biblioteca Central Rialeda
Ás 18:30 horas,  “Hora do Conto”, con Soledad Felloza.
 
Biblioteca P. Municipal “Manuel María” en Oleiros“Obradoiro de Ilustración”, con Xosé Tomás. Dúas sesións, ás 9:40 e 11:45 h. dirixidas ao alumnado de 5º de ensinanza primaria do CEIP A Rabadeira.

Venres, 25 de maio:
Biblioteca P. Municipal “Manuel María” en Oleiros
“Obradoiro de Ilustración”, con Xosé Tomás. Dúas sesións, ás 9:40 e 11:45 h. dirixidas ao alumnado de 5º de ensinanza primaria do CEIP A Rabadeira.

Biblioteca P. Municipal “Mª José Trincado” en Mera
Ás 18:30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Escola de maxia” a cargo de Cucarandainas.

Biblioteca P. Municipal “Ánxel Fole” en Nós
Ás 18:30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Contacontos en verso para nenos/as” a cargo de Yolanda Castaño.

Martes, 29 de maio:
Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz
“Modestos de contos de Broadway”, con Juan Carlos Vázquez Otero. Unha sesión, ás 10:30 h. dirixida ao alumnado de 5º de ensinanza primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz

Ás 12:00 h. “Hip Hop, poema Pop”, con Juan Carlos Vázquez Otero, para o alumnado de 6º de ensinanza primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz

Biblioteca P. Municipal “Manuel María” en Oleiros
Ás 18.30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Animaladas de conto” a cargo de Pablísimo.

Mércores, 30 de maio:
Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz
Ás 18:30 horas, “Hora do Conto”, con Pedro Brandariz.

ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO. Visitaráse o Castelo de Santa Cruz con Emilia Pardo Bazán, a casa de veraneo de Sofía Casanova en Mera, a casa onde pasou a súa infancia María Casares en Montrove e o pazo de Juana de Vega en Nós.

Xoves, 31 de maio:
Biblioteca Central Rialeda en Perillo
Ás 18:30 horas,  “Hora do Conto”, con Trinke Trinke.

Ademais destas actividades todos os mércores de maio realizaranse na Biblioteca Central Rialeda, ás 17.30 h., talleres de lectura e tertulias literarias  para mozos/as e adultos/as.

O 9 de maio, para o grupo B, entregaranse as obras “Viaxe ao país dos ananos” e “O soño asulagado” de Celso Emilio Ferreiro e comentaranse o día 23.

O 16 de maio para o grupo A entregarase a obra “Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro e comentarase o día 30.

Na Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz a Tertulia literaria para mozos/as e adultos/as, será os luns, 7 e 21 de maio, ás 17.30 h.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 2 de maio (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "La mancha humana" de Philip Roth
Documentación
Obras de Philip Roth nas nosas bibliotecas

Hora do conto: de 2 a 4 de maio

Aquí tes a programación da hora do conto de 2 a 4 de maio.
Todas as sesións son ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 2 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:             “Os animais do bosque”, “A historia dunha porta”, “A nube cobizosa”
 
Mércores 2 de maio
CONTACONTOS: Títeres Cachirulo
TÍTULOS:             “Contos de animais”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 3 de maio
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS:           “Contos con mar de fondo”       
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 4 de maio
CONTACONTOS: A illa d@s nen@s
TÍTULOS:             “Maxia versus ciencia”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 4 de maio
CONTACONTOS: Migallas Teatro
TÍTULOS:             “Canta contos”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
A hora do conto da Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé, "Ánxel Fole" de Nós e "Mª José Trincado" de Mera, están dentro do programa

27/4/12

Recomendacións en Radioleiros: 27 de abril

- Infantil (de 12 anos en adiante):
"Oksa Pollock y el descubrimiento de Edefia" de Anne Plichota e Cendrine Wolf, en Planeta.
"Oksa Pollock sempre pensou que era unha rapaza de 13 anos coma outra calquera, non podía estar máis equivocada!"
- Mozos/as e adultos/as:
"Némesis" de Philip Roth, editado por Mondadori.
"Newark (EEUU), 1944. Bucky Cantor, profesor de deportes nunha escola de verán de barrio, asiste impotente aos estragos causados pola epidemia de "polio" entre o seu alumnado."

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/4/12

Ler para saber A CIENCIA: 27 de abril

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 27 de abril ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Xurxo Mariño Alfonso, profesor contratado da UDC, Departamento de Medicina. Investigador en Neurofisioloxía (Grupo Neurocom), divulgador e membro do Consello da Cultura Galega, e autor do libro "Po de estrelas: novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro", falará nesta charla científica de “Unha viaxe á máquina da mente”.
Seleccionamos para ti libros e DVD para esta charla científica.