29/7/11

Recomendacións en Radioleiros: 29 de xullo

- Para nenos e nenas a partires de 12 anos:
"La evolución de Calpurnia Tate" de Jacqueline Kelly




Editado por Roca
Unha rapaza aprende a pensar acompañada do seu avó científico e da obra de Darwin “A orixe das especies”. Un xeito de chegar á verdade mediante a experimentación e a observación. Un libro para todas as idades

- Para mozos/as e adultos/as:

"Pan con xamón" de Charles Bukowski

Editado por Faktoría K
Relato autobiográfico de Bukowski no que nos narra da man de do seu alter ego, Henry Chinaski, o seu paso pola infancia e xuventude. Un mundo sórdido no que retrata a vida das clases baixas na cidade de Los Ángeles na depresión. Unha denuncia do soño americano antes da segunda guerra mundial.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/7/11

Recomendacións en Radioleiros: 22 de xullo

- Para nenos e nenas a partires de 6 anos:





Editado por Siruela


Antony Penrose vai debullando dun xeito sinxelo pequenas anécdotas que lle ocorreron cando de pequeno coñeceu a Pablo Picasso, por ser os seus pais tamén artistas e amigos do pintor.


- Para mozos/as e adultos/as:



Editado por Libros del asteroide

Stegner fai nesta novela un canto a amizade, paseándonos por casi corenta anos de relación entre dous matrimonios.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/7/11

Recomendacións en Radioleiros: 15 de xullo

- Para nenos e nenas a partires de 6 anos:




Editado por OQO
Fermosa obra, cunhas ilustracións que nos lembran a África, que nos fala como vive unha nena de Guinea Bissau. Está enferma e vai ao hospital, pero dende que a trata o doutor Vieira xa non ten medo. Estamos no Entroido e busca como disfrazarse. Marcha cos seus curmáns á festa e baila todo o tempo....Trata o problema do SIDA na poboación infantil de Guinea Bissau e a ilustradora ademais de utilizar cores vivas, debuxa personaxes de aparencia forte e saudable para incidir na mensaxe positiva e esperanzadora do relato que transmite a capacidade de seren felices destes pequenos, a pesar da pobreza económica e a enfermidade.


Este libro, dende unha perspectiva solidaria, pretende contribuír á educación en valores e invita á colaboración para mellorar as condicións da poboación infantil máis desfavorecida. Unha obra optimista e que transmite esperanza, representada polo médico e polo anacardio como protección e esperanza na curación.Recomendámolo para nenos e nenas a partir de 6 anos.


- Para mozos/as e adultos/as:



Editado por Seix Barral
Antonia, a protagonista da novela, con só 26 anos e sola no Madrid dos anos 80, ten que coidar do seu fillo de 4 anos ao mesmo tempo que debe abrirse paso na vida. Foi nai aos 21, pero rompeu coa súa parella. Ela é unha guionista de radio e de televisión que está empezando e que pouco a pouco irá destacando. Vainos contando aspectos da súa vida, xunto cos do seu fillo e diranos como parece que é o fillo o que a vai guiando en moitos momentos nos que se sente perdida.


É unha novela intimista sobre as vivencias, pensamentos e desexos dunha muller nova, que reflexiona sobre a soidade e o amor, pero escrita anos máis tarde cando o seu fillo xa é case un home, recordos de mocidade mesturados con lembranzas da infancia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/7/11

Recomendacións en Radioleiros: 8 de xullo

- Para nenos e nenas a partires de 8 anos:





Editado por Planeta Oxford
Bruno é un neno de pel oscura que vai á Escola do Arco Iris. Na escola de Bruno hai nenas e nenos de diferentes paises e de distintos tonos de pel. Todos son amigos e mesmo hai quen se namora e precisa axuda. Por iso Bruno decide abrir unha oficina para aconsellar, ata que nun momento se decata de que el tamén precisa consellos e axuda.

- Para mozos/as e adultos/as:



Editado por Taurus
Fala da crise do modelo da sociedade e economía actual. Dinos que debemos opoñernos aos males desta sociedade e que debemos defender o estado de benestar europeo cos seus servizos públicos: sanidade, ensino, etc. Que estamos nunha época de inseguridade económica, política... e que a inseguridade enxendra medo. Que nos corresponde aos cidadáns concebir o papel do goberno que queremos e se nós non o facemos, outros o farán por nós.
Ao longo do libro podemos atopar numerosas citas de pensadores europeos: Tocqueville, Adam Smith, Keynes, John Stuart Mill, Joseph Chamberlain ou de escritores como George Orwell, Leon Tolstoi, Marcel Proust...
Analiza e compara a evolución histórica, filosófica e política do século XX, principalmente en Europa e en EEUU, pero tamén a situación actual dos escándalos das bancarrotas, fondos de inversión, hipotecas basura e o motivo polo que os inversores privados estean dispostos a adquirir bens públicos, sen esquecerse do problema do desempleo.
Finaliza dicíndonos que: “Como ciudadanos de una sociedad libre tenemos el deber de mirar críticamente a nuestro mundo. Si pensamos que algo está mal, debemos actuar en congruencia con ese conocimiento.”


En conclusión, unha obra moi completa e moi interesante para comprender como chegamos á crise da sociedade actual, explicándonos que non é certo que unha economía cada vez máis globalizada tenda á nivelación da riqueza.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/7/11

Recomendacións en Radioleiros: 1 de xullo

- Para nenos e nenas menores de 8 anos:
"O corazón do xastre" de Txabi Arnal e Cecilia Varela.



Editado por OQO
Fermosa obra que nos fala dun xastre que traballaba para os señores e señoras de palacio e estaba canso de facer sempre ese tipo de roupa, sentía un inmenso baleiro no seu interior. Unha noite, mentres que todos durmían, decidiu marchar. Levou como única equipaxe un cofre cos seus instrumentos de traballo. Segundo vai camiñando descobre que a xente non vive tan ben como era de supoñer. No mundo hai máis pobreza e problemas dos que se imaxinaba e el decida axudar ás persoas que vai atopando no camiño.
Entrañable texto xunto cunhas delicadas ilustracións que os nenos e nenas deben observar xa que unhas veces reforzan o relato e outras desvelan aspectos interesantes.

- Para mozos/as e adultos/as:
"Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz.
Editado por Xerais.
"Non hai noite tan longa" conta o regreso de Gabriel Lamas, un home de 50 anos, asentado en París dende 1970 e que volve á vila galega na que naceu con motivo da morte da súa nai. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. A Galicia coa que se atopa en 2002 é moi distinta, pero o problema que o obrigou a marchar formou unha ferida no seu interior que non pechou. Ten unha debida co seu pasado, limpar a memoria do seu pai.
Excelente obra ambientada nos últimos anos da ditadura e principio do século XXI que presenta unha ollada crítica sobre a nosa sociedade e que nos fala da culpa, a vinganza, pero sobre todo da xustiza, o amor e a morte.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/6/11

Horarios das Bibliotecas de Oleiros durante xullo, agosto e setembro

foto horarios bibliotecas de OleirosInformámosvos dos horarios das Bibliotecas para este verán, (clica na imaxe e accede aos horarios de todas as bibliotecas durante os meses de xullo, agosto e setembro).

Aproveitamos para recordarvos que na Biblioteca Central Rialeda poderedes renovar os libros daquelas outras bibliotecas que estean pechadas. Lembra que deberás facer a devolución dos libros ou o material que teñas en préstamo na biblioteca onde o retiraches. Se a biblioteca correspondente está pechada, espera a que abra para facer a devolución.

Como sempre, podedes contactar connosco ou consultar calquera dúbida sobre o horario chámandonos á Biblioteca Central Rialeda, no teléfono 981 63 95 11 ou envíandonos un correo electrónico a: biblioteca.rialeda@oleiros.org

Queremos desexar un feliz verán a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog e da web do Concello de Oleiros, e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as.

22/6/11

Despídense as Tertulias Literarias ata outubro

A tempada de Tertulias Literarias na Biblioteca Central Rialeda chegou ao seu término. Con esta, xa son 13 tempadas seguidas nas que a fidelidade das nosas participantes fixoque o primeiro grupo inicial de 20 se ampliase a un segundo grupo doutras 20 que leva 3 anos en funcionamento.

Esta tempada, propuxéronse 28 obras de literatura internacional, hispana e galega. Realizáronse actividades para conmemorar o Día Internacional do Libro e o Día das Letras Galegas.

Os títulos que recibiron maior aceptación foron os seguintes:

Grupo A (13 títulos lidos)

1º) La fiesta del chivo, de Mario Vargas Llosa
2º) Tierra desacostumbrada, de Jhumpa Lahiri
3º) Olive Kitteridge, de Elizabeth Strout
4º) Memorial del convento, de José Saramago

Grupo B (15 títulos lidos)

1º) Enderezo descoñecido / Paradero desconocido, de Kressmann Taylor
2º) Suite francesa, de Irène Némirovsky
3º) Memorial del convento, de José Saramago
4º) Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro

Dende a Biblioteca Central Rialeda agradecemos a todas e todos os participantes que pasaron pola actividade ao longo destos últimos 13 anos e especialmente ás/aos que empezaron na pasada tempada, a súa fidelidade e o seu compromiso coa Tertulia Literaria. Elas e eles son quenes protagonizan e fan tertulia e en definitiva, quenes "fan" literatura.

As Tertulias Literarias, coordinadas pola xornalista e libreira Cecilia Martínez voltarán no mes de outubro. As persoas que participaron ao longo da tempada 2010-2011 teñen preferencia á hora de inscribirse a partires do mes de setembro. As restantes persoas interesadas entrarán a formar parte dunha lista de espera que se abrirá igualmente en setembro.

20/6/11

LECTURAS REFRESCANTES: 308 recomendacións para apagar a túa sede de libros, CDs e DVDs

logo da publicación lecturas refrescantesDesde as bibliotecas municipais de Oleiros ofrecemos esta guía de lectura, formada por 308 recomendacións, cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd ou dvd son tamén un bo agasallo.

Gustaríanos contribuír a espertar o pracer que pode proporcionar a lectura dun libro de forma lúdica e animamos os pais, as nais, os irmáns maiores a que lles lean libros ás nenas e nenos máis pequenos. A mellor maneira de facer lectores/as é ofrecendo imaxes lectoras, que o neno ou a nena vexa o pai, a nai ou o irmán ler.

Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas polo que nela poderán atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de obras de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes gustos, intereses e preferencias. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir. Témolas nas nosas bibliotecas e pódense levar en préstamo.

Desexamos que todas as persoas poidan atopar algunha obra que lles guste!!!

17/6/11

Recomendacións en Radioleiros: 17 de xuño

Títulos recomendados o venres 17 de xuño:
- Novela xuvenil:
"As sete mortes" de Carlos Vila Sexto, en Galaxia.
Unha policiaca levada por unha parella de investigadores, Laura e Varona, combinando crime, esoterismo e misterio. Un relato con forza até a última páxina de Carlos Vila Sexto, un escritor nado na Coruña, criado en Ourense e que actualmente vive en Madrid, adicado á redacción de guións para series audiovisuais e películas.
- Mozos/as e adultos/as:
"Mujeres a contracorriente: la otra mitad de la historia" de Clara Obligado, editado por Plaza Janés. Clara Obligado cóntanos o importante e silenciado papel das mulleres na historia de Occidente. Tendo en conta que a historia sempre foi escrita en masculino, fai un percorrido pola biografía de moitas mulleres desde a antiguedade até o século XX, dun xeito divulgativo e pedagóxico.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/6/11

Dirixido por Steven Soderbergh: dvds na Biblioteca Central Rialeda

Presentamos 8 obras fundamentais dentro da carreira do director de Atlanta. Steven Soderbergh, quen recentemente declarou estar disposto a abandoar o cine, farto de Hollywood, iníciase na producción cinematográfica a través de cortos e dirixindo concertos, pero é en 1989 cando obtén a Palma de Ouro de Cannes con "Sexo, mentiras y cintas de vídeo" onde da a coñecer á actriz Andie MacDowell.




A posterior carreira de Soderbergh combina xestos de cine autoral con produccións máis cercanas ao espíritu comercial dos grandes estudios. A súa obra comprende máis de 20 filmes dos que a Biblioteca Central Rialeda ofréceche 8 títulos:

- Che, el argentino (2008). Biopic sobre o revolucionario e combatente arxentino.

- El buen alemán (2006). "Cinema noir" á antiga, homenaxe ao cine dos anos 40.

- Keane (2004). Producida por Soderbergh e dirixida por Lodge Kerrigan

- Solaris (2002). Particular visión da obra de Stanislaw Lem, máis coñecida pola versión de Andrei Tarkovski
- Ocean's eleven (2001). Intriga na tradición do xénero de roubos e atracos.

- Erin Brockovich (2000). Obra de denuncia baseada nun persoaxe real.

- Traffic (2000). Thriller sobre o narcotráfico na fronteira mexicana.

- Sexo, mentiras y cintas de vídeo (1989). Ópera prima e Palma de Ouro en Cannes.

Poderás atopar estos títulos para levar en préstamo no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

25 anos sen Borges : expo na Biblioteca de Lorbé

Cúmprense 25 anos da morte do maior exponente das letras arxentinas. Escritor, poeta e ensaísta, foi nominado ao Premio Nobel e acadou o Premio Cervantes en 1980.



A súa producción inicial comprende contos e poemas sobre temáticas arxentinas. Tra-la súa operación nos ollos, empeza a escribir relatos de corte fantástico, xénero que o catapulta ao recoñecemento mundial. Entre os seus poemarios destacan: El otro, el mismo, Elogio de la sombra, El oro de los tigres, La rosa profunda e La cifra; mentres que dos seus libros de relatos destácanse: Ficciones; El Aleph; El jardín de los senderos que se bifurcan, El libro de arena e El hacedor.



Achégate á biblioteca para adentrarte no universo de Jorge Luis Borges.



Obras de Jorge Luis Borges no Sistema de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros.

13/6/11

2848 GRAZAS!!!

cartel Hora do conto2848 GRAZAS!!!
2848 persoas, entre nenos/as e pais/nais, participaron na actividade da Hora do Conto durante os meses de febreiro a maio, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
Realizáronse nas oito bibliotecas municipais, a través de narración
ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e cunha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Os obxectivos que se intentaron conseguir son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores/as ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Participaron as contadoras e contadores Paula Carballeira, Pablísimo, Soledad Felloza, Fran Ínsua, Inés Cuadrado, Ramiro Neira, Andrea Bayer, Caxoto, Pedro Brandariz, Marta Ríos, Pavís-Pavós, Anxo Tirado, Pizpireta, Celso Fernández e a Compañía Trinke-Trinke (cos “ratos da biblioteca”) que narraron diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.
Pretendeuse introducir as persoas máis novas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os/as faga gozar e divertirse.

11/6/11

Tertulia literaria en Santa Cruz: 13 de xuño - Remate Tempada

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"

Hora: de 18,30 a 20 h.

Comentaráse a obra "Vida con Picasso" de Françoise Gilot.
Obras sobre Pablo Picasso nas nosas bibliotecas.


Con esta sesión remata a tempada 2010-2011. Agradecemos a todas as participantes a súa presenza un ano máis na actividade, desexándolles un feliz verán.

10/6/11

Recomendacións en Radioleiros

logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 10 de xuño:
- Xuvenil (a partir de 12 anos):
"El diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial" de Sherman Alexie, en Siruela.cuberta do libro El diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial
Arnold Spirit Junior é un adolescente indio que vive na reserva spokane de Wellpinit, no estado de Washington, onde a vida é dura e escasean as oportunidades para saír adiante. Co fin de mellorar a súa formación pide unha bolsa para cursar estudos fóra da reserva nun instituto a onde só acoden rapaces brancos.
- Mozos/as e adultos/as:
"Expiación" de Ian McEwan editado por Anagrama.
Desde a incuberta do libro Expiaciónconsciencia dos seus trece anos, Briony Tallis lanza unha grave acusación sobre unha persoa inocente que non só arruinará a vida do acusado senón tamén a súa propia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/6/11

A túa viaxe comeza na Biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal de Santa Cruz acerca as guías de viaxes de Galicia, España e o Mundo, nunha nova exposición que estará na sala de consulta e lectura de adultos desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro.



Nesta mostra pódese atopar información sobre comunidades autónomas de España, Comunidade Europea : París, Londres, Roma, etc., mapas actualizados de estradas, así como guías de casas rurais, praias, balnearios, rutas a pé ou en bicicleta, etc..

Todo este material está a disposición dos usuarios e usuarias da biblioteca para consultalo na propia sala ou no seu domicilio utilizando o carnet de socio/a.