16/7/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 16 xullo:

- Infantil (de 6 a 8 anos):

Sombras de manos, de Vicente Muñoz Puelles ; ilustraciones de Elisa Arguilé
Anaya

Un apagón de luz despois da cea, fai que Olga descubra as sombras. Un mundo novo e descoñecido, cheo de posibilidades no que Olga descobre que cada persoa ten a súa propia. Olga divírtese e proba guiada polos seus pais.

- Mozos-as e Adultos-as:

A choiva do mundo, de Xosé M. Pacho Blanco
Galaxia
Premio Torrente Ballester 2007

Libro coral composto dunha chea de historias e de personaxes onde o amor, o desamor, a loucura, a soidade e a terra mestúranse en lugares e tempos dispares.

Boa lectura para o verán e a praia, cun tamaño e extensión manexables.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/7/10

Exposicións Bibliográficas: Biblioteca de Nós

A Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós, presenta as seguintes exposicións bibliográficas:

Este verán mergúllate nun mar de lecturas
Baseada na Guía de Lectura "A lectura, esa gran viaxe" editada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais para este verán 2010

Un cómic tamén pode ser un bo aliado para disfrutar do verán
Exposición de Banda Deseñada.

9/7/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 9 de xullo:

- Infantil (maiores de 8 anos):

Los amantes mariposa, de Benjamín Lacombe
Edelvives

Obra baseada nunha antiga e coñecida lenda oriental, sobre a loita contra o destino de dous namorados.
Localizada no Xapón de hai séculos, conta a historia de Naoko, unha adolescente que ao cumprir 14 anos é enviada polo seu pai a Kioto para aprender a servir o té, bailar con abanicos e saber comportarse ante un home. Pero Naoko prefire ler e escribir poemas. Coa axuda da súa serventa Suzuki traza un plan para ir estudar literatura.

Álbum de gran formato cunhas delicadas e detallistas ilustracións, cheas de melancolía e expresividade, que recrean o Oriente de hai séculos.

- Mozos-as e Adultos-as:

Hermanas, de Josefina Aldecoa
Alfaguara

Unha novela enmarcada nunha cidade cántabra, entre os anos 1954 e 1990. Fálanos dunha familia da burguesía, para a que a vida transcorre tranquilamente na casa familiar situada ao lado da baía.
Conta a historia de Isabel e Ana, dúas irmás que terán a súa infancia marcada por unha nai frívola, máis preocupada polas aparencias e as normas sociais que pola felicidade das fillas. As nenas convivían cos pais na inmensa casa, sen apenas velos, apartadas nas súas habitacións ou no xardín, e cun horario diferente ao dos pais que sempre estaban ocupados con charlas, visitas e reunións.
Xunto a estes personaxes preséntanos á tía Ánxela e ao seu fillo Ignacio, un mozo que traballa de diplomático e que será un nexo de unión entre as dúas irmás.
Isabel e Ana segundo van medrando iranse diferenciando e representarán dous tipos distintos de muller. Isabel, decide estudar e facerse médica e Ana prefire vivir das rendas e negocios familiares e dedicarse ás relacións sociais.

Unha obra ben narrada, entretida, cun ritmo áxil, que se le moi rapidamente, que nos presenta un entramado de complicidades familiares.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/7/10

Exposicións Bibliográficas: Biblioteca de Santa Cruz

A Biblioteca e Centro de Documentación "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, presenta as seguintes exposicións bibliográficas:

José Saramago (1922-2010)
Podes consultala á entrada da biblioteca:





Libros para levar na bolsa da praia
...verán, silla, sombriña e un bo libro






Parte do material desta exposición baséase na Guía de Lectura "A lectura, esa gran viaxe" editada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais para este verán 2010



2/7/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 2 de xullo:

- Infantil:

Kalandraka

Un libro e un CD que conteñen dezaseis cancións infantís sobre temas tan diferentes como un reloxo que se esquece da hora, un libro que pode ser o meu amigo, varias da natureza ou do mundo máxico infantil, algunhas sobre contos, para finalizar cunha canción de berce. Partindo da música folk, presenta outros ritmos como jazz, soul ou rock e conta coa colaboración de distintos artistas como Xabier Díaz, Carmen Rey ou Guadi Galego.

Unha obra ben feita, cunhas melodías que serven para escoitar os nenos pero tamén as familias, xunto a unhas coloridas e innovadoras ilustracións.

- Mozos-as e Adultos-as:

A cada cual lo suyo, de Leonardo Sciascia
Tusquets.

Unha tarde de agosto, o farmacéutico dun pequeno pobo siciliano recibe un anónimo no que o ameazan de morte “Esta carta é a túa sentenza de morte, morrerás polo que fixeches”. Ao principio preocúpase, pero despois pensa que é unha broma. Un día marcha de caza co seu amigo o médico Roscio e ambos son asasinados. Isto provoca moitos rumores e a policía non parece moi eficiente. Laurana, un profesor de instituto, veciño da localidade, un home culto pero inxenuo, descubriu que o anónimo estaba realizado con palabras recortadas dun diario católico e conservador, “L’Osservatore Romano”, pois o seu logotipo, “Unicuique suum” “A cada cual, lo suyo”, figura na parte de atrás dos recortes, polo que decide investigar as persoas que receben este periódico.

É unha novela que nos mostra como é a vida nunha pequena vila siciliana, escrita con gran mestría e coa que se poden pasar uns momentos moi entretidos, na que Sciascia realiza unha crítica aos políticos italianos e á mafia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/6/10

A lectura, esa gran viaxe

Dende o Sistema Municipal de Bibliotecas, propoñémosche esta Guía de Lectura con libros, dvd, cds pensados especialmente para estas datas que se achegan.

Animámosche a pasar por cada biblioteca, onde atoparás expostos os títulos seleccionados, que podes levar en préstamo.

Biblioteca Central Rialeda








Biblioteca de Dorneda






Biblioteca de Montrove






Biblioteca de Mera











Biblioteca de Lorbé


28/6/10

Biblioteca de Oleiros: exposicións permanentes

Na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros temos ao longo do ano 4 exposicións bibliográficas permanentes:


Á entrada as novidades en galego, na mesa cercana ao ordenador nº 3 presentamos novidades e libros de interés en castelán e galego.


No expositor vertical: novidades e revistas máis recentes.

Na zona infantil amósase unha selección de novidades en galego e castelán.

Na planta baixa, ao pé da escaleira, hai unha exposición de libros en galego de interese.

José Saramago: un escritor con compromiso

O pasado venres 19 de xuño morreu aos 87 años de idade o escritor portugués José Saramago, premio Nobel de Literatura en 1998.

O escritor, que residía na illa de Lanzarote, mantivo sempre unha postura ética e estética por encima de partidismos políticos. Comprometido co xénero humano, nas súas obras atopamos unha gran orixinalidade dada fundamentalmente pola súa controvertida visión da historia e da cultura.

Posuidor dunha depurada fantasía, cun singular achegamento á mitoloxía cristiana, que incluso comparte nas súas crónicas de viaxe pola súa patria. O seu singular estilo fainos sentir que as súas historias están sendo contadas por alguén muy cercano, e convida a que sigamos aos personaxes polas sus peripecias. Aínda coa realidade que nos rodea cada día Saramago sempre considerou posibles a felicidade e a sana convivencia das personas.

Dende o Sistema Municipal de Bibliotecas sumámonos ao recoñecemento á súa figura e obra literaria. Podes atopar seleccións das súas obras en todas as bibliotecas da rede.



Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 25 de xuño:

- Infantil (a partires de 8 anos):

Editorial Galaxia. Colección Árbore

A historia dunha abella que recebe o encargo de buscar flores para traer néctar e pole e salvar á colmea. Nesta busca, despois de moitas dificultades, atopa flores (néctar e pole), pero tamén a súa identidade e liberdade.

- Mozos-as e Adultos-as:

Memorial del convento, de José Saramago
Editorial Alfaguara

José Saramago, escritor portugués, no ano 1998 recibiu o Premio Nobel de Literatura, converténdose no primeiro escritor (e ata agora o único) de lingua portuguesa en gañar este premio.

Memorial del convento é un dous seus libros máis famosos e dos de máis sona da literatura portuguesa. A historia desenvólvese no Portugal do século XVIII, cando o rei Don Juan V, manda construír un convento franciscano en Mafra, logo de serlle concedido o “milagre” de que a súa muller, Dona María Ana de Austria, quedase embarazada, despois de moitos intentos. Paralelamente narra a historia de Baltasar Mateus, un ex-soldado que regresa a Portugal sen unha man e que casa con Blimunda, unha muller cun estraño poder que lle permite observar o interior das persoas. Ao longo do libro narra o proceso de construción do convento de Mafra e o dunha máquina para voar e conta as duras condicións de vida do pobo en épocas de guerra, fame e supersticións.

Na Biblioteca Rialeda tamén hai a versión en portugués.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

20/6/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 18 de xuño:





- Infantil (menores de 6 anos)
:

Pegadas Xigantes, de Fernando Kranh.
Editorial Kalandraka

Pedro e Sabela teñen unha aventura na neve un domingo pola mañá. Os seus pais están asustados pero todo remata ben con novos amigos.
Libro de tapa dura con boas ilustracións.



- Mozos/as e adultos/as:

Relatos autobiográficos,
de Thomas Bernhard
Editorial Anagrama

Textos arredor das súas vivencias na II Guerra Mundial. A relixión, o sistema educativo e a sociedade da época escritos co seu estilo frío, duro e crítico.
Un bon libro para entrar no mundo deste escritor falecido no ano 1988 e sempre polémico. Mestura a realidade con aquelo que lle gustaría ter vivido.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes escoitar en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros.

11/6/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 11 de xuño:

- Infantís (de 6 a 8 anos):

Editorial Thule

Océano non pode andar, pero na auga esquécese da cadeira de rodas e o seu corpo apenas pesa. Por iso adoptou ese nome e por iso ama os días de choiva, as piscinas, as bañeiras, os ríos e os mares.

- Mozos-as e Adultos-as:

Alianza Editorial

Amin Maalouf é un escritor de orixe libanés, que vive exiliado en Francia dende o ano 1976, e ao que acaban de concederlle o Premio Príncipe de Asturias de las Letras.
É un autor que defende a tolerancia, a diversidade cultural, os dereitos humanos e a convivencia, fronte ao fanatismo.

“El desajuste del mundo”, que é a súa última obra publicada, é un ensaio no que defende a cultura como a única maneira de alcanzar a paz entre os pobos.
Nel reflíctese a su preocupación constante pola relación entre Oriente e Occidente, con especial atención polos países islámicos. Destaca os valores de Occidente da defensa da liberdade e da igualdade. Di que o actual desaxuste do mundo ten menos que ver co “choque de civilizacións” que co esgotamento simultáneo dos nosos modelos sociais, sobre todo cos dous ámbitos culturais cos que se identifica: o occidental e o mundo árabe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/6/10

Remate Tertulia Literaria en Rialeda: 9 xuño 2010 (Grupo B)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora (atención cambio): de 18 a 20.

Comentaráse a obra "El amor en los tiempos del cólera" de Gabriel García Márquez.

Consulta e descarga a nosa documentación.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Gabriel García Márquez.

A biblioteca agradece a todos/as participantes deste grupo a fidelidade, interese e cariño co que levan acollido esta actividade ao longo dos 3 anos de celebración. Voltamos en outubro!

4/6/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 4 de xuño:
- Infantís (de 6 a 8 anos):
"Don Pol e o pequeno Pin"
de Max Portela e Rodrigo Chao en Baía.
Don Pol é un polbo moi vello mentras Pin é un cangrexo pequeno. Teoricamente, Don Pol debería comerse a Pin mais este comeza a facerlle preguntas. Como rematará a historia?
- Mozos-as e adultos-as:
"El olor de la noche" de Andrea Camilleri editado por Salamandra.
Unha historia máis protagonizada polo comisario Salvo Montalbano no pobo italiano de Vigàta. Humor, ironía, escepticismo e moita realidade nesta serie concebida como homenaxe ao difunto Manuel Vázquez Montalbán.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

2/6/10

Remate Tertulia Literaria en Rialeda: 2 xuño 2010 (Grupo A)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)

Hora (atención cambio): de 18 a 20.

Comentaráse a obra "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano. Consulta e descarga a nosa documentación.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Paolo Giordano.

A biblioteca agradece a todos/as participantes a fidelidade, interese e cariño co que levan acollido esta actividade ao longo dos máis de 10 anos de celebración. Voltamos en outubro!