11/6/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 11 de xuño:

- Infantís (de 6 a 8 anos):

Editorial Thule

Océano non pode andar, pero na auga esquécese da cadeira de rodas e o seu corpo apenas pesa. Por iso adoptou ese nome e por iso ama os días de choiva, as piscinas, as bañeiras, os ríos e os mares.

- Mozos-as e Adultos-as:

Alianza Editorial

Amin Maalouf é un escritor de orixe libanés, que vive exiliado en Francia dende o ano 1976, e ao que acaban de concederlle o Premio Príncipe de Asturias de las Letras.
É un autor que defende a tolerancia, a diversidade cultural, os dereitos humanos e a convivencia, fronte ao fanatismo.

“El desajuste del mundo”, que é a súa última obra publicada, é un ensaio no que defende a cultura como a única maneira de alcanzar a paz entre os pobos.
Nel reflíctese a su preocupación constante pola relación entre Oriente e Occidente, con especial atención polos países islámicos. Destaca os valores de Occidente da defensa da liberdade e da igualdade. Di que o actual desaxuste do mundo ten menos que ver co “choque de civilizacións” que co esgotamento simultáneo dos nosos modelos sociais, sobre todo cos dous ámbitos culturais cos que se identifica: o occidental e o mundo árabe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/6/10

Remate Tertulia Literaria en Rialeda: 9 xuño 2010 (Grupo B)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora (atención cambio): de 18 a 20.

Comentaráse a obra "El amor en los tiempos del cólera" de Gabriel García Márquez.

Consulta e descarga a nosa documentación.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Gabriel García Márquez.

A biblioteca agradece a todos/as participantes deste grupo a fidelidade, interese e cariño co que levan acollido esta actividade ao longo dos 3 anos de celebración. Voltamos en outubro!

4/6/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 4 de xuño:
- Infantís (de 6 a 8 anos):
"Don Pol e o pequeno Pin"
de Max Portela e Rodrigo Chao en Baía.
Don Pol é un polbo moi vello mentras Pin é un cangrexo pequeno. Teoricamente, Don Pol debería comerse a Pin mais este comeza a facerlle preguntas. Como rematará a historia?
- Mozos-as e adultos-as:
"El olor de la noche" de Andrea Camilleri editado por Salamandra.
Unha historia máis protagonizada polo comisario Salvo Montalbano no pobo italiano de Vigàta. Humor, ironía, escepticismo e moita realidade nesta serie concebida como homenaxe ao difunto Manuel Vázquez Montalbán.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

2/6/10

Remate Tertulia Literaria en Rialeda: 2 xuño 2010 (Grupo A)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)

Hora (atención cambio): de 18 a 20.

Comentaráse a obra "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano. Consulta e descarga a nosa documentación.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Paolo Giordano.

A biblioteca agradece a todos/as participantes a fidelidade, interese e cariño co que levan acollido esta actividade ao longo dos máis de 10 anos de celebración. Voltamos en outubro!

28/5/10

Recomendacións en Radioleiros



Títulos recomendados o venres 28 de maio:
- Infantís (a partir de 10 anos):
"Pesadelo no tren Chocolate"
de Fina Casalderrey e ilustracións de Patricia Castelao en Galaxia.
O avó Manuel é xefe de estación en León, antes foi revisor e coñece moi ben o funcionamento dos trens. Están con el os seus netos, pero teñen que marchar para Vigo a reunirse cos seus pais, polo que van realizar a súa primeira viaxe en tren sos.
Cando chega o tren á estación o avó ten un agoiro de que algo malo vai suceder. É como se os avisase dun perigo inminente, mais os nenos non lle fan caso.
É unha narración de intriga e misterio, escrita coa mestría característica desta autora, na que consegue manter o suspense ata o final, dirixida a nenas e nenos a partir de 10 anos

- Mozos-as e adultos-as:
"A esmorga" de Eduardo Blanco Amor editado por Galaxia.
A Esmorga está considerada unha das obras cumes da literatura galega, unha novela de gran dramatismo e de gran intensidade expresiva.
Segundo se nos di ao principio, parte dun suceso que oíu contar o autor e que sucedera uns noventa anos antes. A narración divídese en cinco capítulos e conta a troula que viviron tres mozos, durante vinte catro horas. Os feitos desenvólvense en Auria (que polos datos podemos dicir que é Ourense) e son narrados por Cibrán, un dos protagonistas que participou en todo o acontecido e que o está contando nun xulgado, a un Sr que debe ser o xuíz. Podemos ir lendo as respostas que da Cibrán, pero nunca coñecemos directamente as preguntas, inda que si as intuímos, e con estas respostas vai narrando os feitos.
Cibrán é un mozo que ten unha amante, que foi prostituta, e coa que tivo un fillo. El traballa nunha estrada que están facendo na zona e ela convénceo para que formalice a súa vida con ela e lle entregue o xornal, para poder vivir os tres. O luns cando vai para o traballo atopa a outros 2 compañeiros, o Bocas e o Milhomes, que o invitan a que tome algo con eles, ao principio non quere, pero como fai moi mal tempo e non vai poder traballar, acepta..... O que segue débeno coñecer lendo este libro.
Podemos dicir que ten un final tráxico pero, ao mesmo tempo, algo ambiguo porque cada persoa pode pensar de forma diferente o que aconteceu, pero que ten un fin que é poñer de manifesto o papel represor das forzas da orde da época e tampouco non deixa nada ben o papel da xustiza nese tempo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

Hora do conto na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós: venres 28 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós o venres 28 de maio ás 18:30 para escoitar a Rato Pillo da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "A princesa e o chícharo", "Os tres bandidos"

27/5/10

2 de xuño: Galitoon presenta...“ROSALÍA, A PULGA QUE ESCRIBÍA” no Teatro As Torres

O 2 de Xuño, ás 18.30 h, no Teatro As Torres de Santa Cruz
O Departamento de Cultura e as Bibliotecas municipais convídante á obra de TEATRO DE MONICREQUES titulada
a cargo da Compañía Galitoon, para nenos e nenas menores de 10 anos.
O acceso é gratuíto ata completar a capacidade do teatro, por isto é imprescindible que traiades entrada. Podedes recollela en calquera das bibliotecas municipais.

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 27 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 27 de maio ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Inés Cuadrado contará: “Por se che pasa algo", "E o chapeu voou", "A casa redonda", "Carolina e os caracois". Para os-as maiores de 6 anos Soledad Felloza contará: "999 ranas", "Con la cabeza en otra parte", "Yo quería una tortuga"

26/5/10

Biblioteca de Oleiros: Obradoiros de Ilustración

Lugar: Biblioteca Municipal "Manuel María". Oleiros
Datas: 27 e 28 de maio
Hora: 10,15 e 11,45 (día 27) e 10,15 h. (día 28)

Actividade dirixida ao alumnado de 4º de Primaria do Colexio A Rabadeira.

Introducción á Ilustración
A cargo de
Marisa Irimia.

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 26 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 26 de maio ás 18:30 para escoitar a Mamá Raíña da Compañía Trinke Trinke na hora do conto con "El elefante encadenado" e "Olivia salva el circo".

25/5/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 26 maio 2010 (Grupo B)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Los Buddenbrook" de Thomas Mann.
Consulta e descarga a nosa documentación.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Thomas Mann.

Hora do conto na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: martes 25 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o martes 25 de maio ás 18:30 para escoitar a Inés Cuadrado na hora do conto. Os títulos serán: "O alquimista", "O anel do rei Salomón", "Dous consellos e unha empanada", "Lenda dos mariños"

24/5/10

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 24 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 24 de maio ás 18:30 para escoitar a Mamá Ratiña na Hora do conto con "El elefante encadenado", "Olivia salva el circo".

21/5/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 21 de maio:
- Infantís (menores de 6 anos):
"El viaje de Max" de Gauthier David editado por El Aleph.
Libro de gran formato, fundamentalmente visual baseado nunha viaxe imaxinaria de Max pola natureza. Recomendábel para os-as máis cativos-as pola calidade das cores e ilustracións.
- Mozos-as e adultos-as:
"O desfalco" de Valentín Katáiev, en Rinoceronte.
No Moscova dos anos vinte, dous funcionarios soviéticos fuxen cos cartos da nómina da súa empresa. Comezan unha viaxe por varias cidades chea de humor e situacións satíricas. Moi bo para a fin de semana.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

20/5/10