A familia Charabiscas agarda con impaciencia a chegada do tío Roque que marchou a percorrer o mundo: viaxes, aventuras e fantasía con moito humor.26/9/25
Recomendacións en Radioleiros: 26 setembro 2025
A familia Charabiscas agarda con impaciencia a chegada do tío Roque que marchou a percorrer o mundo: viaxes, aventuras e fantasía con moito humor.19/9/25
Inscrición Tertulias Literarias nas Bibliotecas de Oleiros 2025-2026
Comentario de obras de distintos xéneros literarios coa moderación da escritora e xornalista Silvia Salgado.
Período: Outubro 2025 a Xuño 2026.
Sesións quincenais e mensuais, de mañás e tardes.
Actividade dirixida a persoas maiores de 18 anos.
Prazo de inscrición: luns 22 a venres 26 de setembro.
Bases.
Formulario.
Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros a celebrar o mércores 1 de outubro ás 13 h. na Biblioteca Central Rialeda.
As solicitantes inicialmente sen praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, para o caso de renuncias ou vacantes posteriores.
Máis información na Web Municipal e nas seguintes bibliotecas:
- Biblioteca Central Rialeda. Tfno. 981 639511
- Biblioteca Santa Cruz. Tfno. 981 626338
- Biblioteca de Mera. Tfno. 981 628507
- Biblioteca de Oleiros. Tfno. 981 610700
Recomendacións en Radioleiros: 19 setembro 2025
Hora do conto e Ler conta moito: 22 a 26 de setembro 2025
18/9/25
Volver ás aulas con ganas
Historias escolares para crianzas de 5 a 12 anos
16/9/25
Hora do conto e Ler conta moito: 17 e 18 de setembro 2025
12/9/25
Recomendacións en Radioleiros: 12 setembro 2025
5/9/25
Recomendacións en Radioleiros: 5 setembro 2025
- Infantil (a partir de 4 anos):
Malote, de Marianna Oklejak.
Bookolia.
A idea de ser o bandido máis violento da zona leva a Malote a novas aventuras.
- Mocidade e persoas adultas:
Anagrama.
Versión dixital en eBiblio.
Unha mestura afortunada este texto de Chirbes coa pintura de Bonet no que a prosa do escritor que narra unha historia familiar na Valencia de hai décadas xúntase coa ollada paisaxística da pintora, dura e á vez peneirada pola cor branca da neve.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
4/9/25
Manuel Lourenzo (1943-2025): o teatro, como respirar
A súa produción teatral abarca máis de 300 obras, sempre cun forte compromiso coa cultura e identidade galega. Entre as súas obras máis destacadas atópanse Romería ás Covas do Demo (1975), Veladas indecentes (1996), O circo de medianoite (1997), Flores de Dunsinane (2009) ou Suite Artabria (2017). Entre a súa obra ensaística podemos destacar títulos como O teatro galego (1979), Antoloxía do teatro galego (1981), Dicionario do teatro galego (1987) ou o manual Pensar co corpo (2000).
Traduciu ao galego aos grandes do teatro grecolatino, así como a Shakespeare, Goethe, Chejov, Brecht, Yourcenar ou Fassbinder.
Manuel Lourenzo recibiu numerosos premios e distincións, entre eles o Premio Nacional de Literatura Dramática (1997), o Premio Nacional de Artes Escénicas (2008), o premio Otero Pedrayo (2011), o Artur Carbonell do XVI Festival Internacional de Teatro de Sitges (1983), o Rafael Dieste (1996, 1999), o Premio de Honra Marisa Soto, o Premio ás Letras dos Premios da Cultura Galega (2024), e un sinfín de recoñecementos máis. Tamén foi nomeado profesor Honoris Causa pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
No audiovisual ten participado en producións como Mareas Vivas, Elisa e Marcela ou Fariña.
A día de hoxe, o seu legado é unha referencia imprescindible, tanto pola súa obra como polo seu labor de promoción do teatro galego.
'Cunqueiriano de Honra', título outorgado polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura culminou o traballo de edición da súa obra completa en 2022.
Visita a expo de Manuel Lourenzo que temos para ti na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Obras de Manuel Lourenzo en Bibloleiros
2/9/25
49 sesións de setembro a novembro de 2025!!! Ler conta moito, Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros
Contaremos con Compañías como Trémola Teatro, A Xanela do Maxín, Tarabelos Teatro, Eduvía e Un Mar de Cores. Contadoras-es como Raquel de Ana, Charo Pita, Ramiro Neira, Marta Ortiz, Raquel Crespo, Catuxa Cela, Ariadna Santana e Raquel Queizás. Artistas como Pablo Díaz e Pakolas. Divulgadoras da ciencia como Leader Dreams, Ciencia Kids, Cuarto de Inverno. Maxia e historias fabulosas con 2 Minds Combined, Pedras de papel, Mago Rafa, Mago Pedro Bugarín, Dani Blanco, Fraga dos mouros, Magia en la manga, Donde viven los cuentos. 29/8/25
Recomendacións en Radioleiros: 29 agosto 2025
22/8/25
Recomendacións en Radioleiros: 22 agosto 2025
- Infantil (a partir de 8 anos):

Los gatos de la escritora, de Muriel Barbery, con ilustracións de Maria Guitart.
Seix Barral.
Un dos gatos de Muriel Barbery relátanos a súa experiencia como parte da familia da escritora.
Humor, anécdotas e moito té verde neste libro con estupendas ilustracións.
- Mocidade e público adulto:
Golpistas e represores: retratos e memoria histórica de falanxistas galegos, de Luís Lamela.Laiovento.
Un dos primeiros libros que trata dos vitimarios, aqueles que foron responsables da violencia en Galiza a partir de xullo de 1936: detencións, extorsións, violacións e asasinatos na retagarda, configurando un cadro amplo e detallado.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
8/8/25
Recomendacións en Radioleiros: 8 agosto 2025
- Xuvenil (14 anos en adiante):

Redes, de Eloy Moreno.
Nube de Tinta.
Versión dixital e Audiolibro en eBiblio.
Novela que nos fai reflexionar sobre o impacto das redes sociais na vida cotiá. A través dunha historia sinxela pero intensa, aborda temas como a dependencia dixital, a imaxe persoal e a desconexión emocional. É unha lectura especialmente recomendable para a mocidade, pero tamén para persoas adultas que desexen entender mellor o universo dixital no que viven as novas xeracións.
- Mocidade e público adulto:
La furia, de Alex Michaelides.Alfaguara.
Versión dixital en eBiblio.
Un thriller psicolóxico ambientado nunha illa grega, onde un famoso cineasta é asasinado durante unha reunión entre amigos. É unha novela que afonda no máis profundo da natureza humana: a culpa, o desexo, a envexa, o poder, a verdade e, como non, na propia furia. Unha historia chea de tensión e xiros inesperados que mantén o público lector en vilo ata o final.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
1/8/25
Recomendacións en Radioleiros: 1 agosto 2025
- Infantil (a partir de 6 anos):

Uxía e o mar, de Paula Merlán con ilustracións de Terteres.
Xerais.
Versión dixital en Galiciale.
Uxía tiña un soño moi, moi grande.... ver o mar!
- Mocidade e público adulto:En el piso de abajo: memorias de una cocinera inglesa de los años 20, de Margaret Powell.
Alba Editorial.
Unhas memorias dunha muller que traballou desde rapaza en varias casas inglesas dos anos vinte. Documento social e histórico de grande interese.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
30/7/25
"Un verano de libro": recomendacións literarias de Silvia Salgado
"Regálate un viaje"
Silvia Salgado coordina os clubs de lectura das bibliotecas municipais de Oleiros, dirixe talleres de escritura creativa, colabora no Podcast "Érase una Red" e como columnista en El Ideal Gallego.
Algunhas das súas obras publicadas son: Verde en el tejado, Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos e Si te vuelves invierno.
















