- Xuvenil (14 anos en adiante):

Redes, de Eloy Moreno.
Nube de Tinta.
Versión dixital e Audiolibro en eBiblio.
Novela que nos fai reflexionar sobre o impacto das redes sociais na vida cotiá. A través dunha historia sinxela pero intensa, aborda temas como a dependencia dixital, a imaxe persoal e a desconexión emocional. É unha lectura especialmente recomendable para a mocidade, pero tamén para persoas adultas que desexen entender mellor o universo dixital no que viven as novas xeracións.
- Mocidade e público adulto:

Alfaguara.
Versión dixital en eBiblio.
Un thriller psicolóxico ambientado nunha illa grega, onde un famoso cineasta é asasinado durante unha reunión entre amigos. É unha novela que afonda no máis profundo da natureza humana: a culpa, o desexo, a envexa, o poder, a verdade e, como non, na propia furia. Unha historia chea de tensión e xiros inesperados que mantén o público lector en vilo ata o final.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario